LUME!

O luns, día 3 de maio, asistimos no colexio a un espectáculo de títeres realizado polo grupo de teatro BABALUVA. A obra chamábase LUME! e contaba a historia dunha fraga na que vivían moitas árbores e tamén moitos animais. Pero un día, unha lapa con moita fame escapou dunha cachela e quería comer o carballo máis vello da fraga. Dona Landra , que era a presidenta da Comunidade de Veciños do Carballo Vello, conseguiu que o vento do Nordés trouxera unha nube chea de choiva e apagara a lapa.  Así salvouse o Carballo e a fraga do lume e poideron vivir alí moitos anos máis os animais  e as plantas.

 

A banda sonora desta obra estaba composta pola artista australiana MERRAN LAGINESTRA que ten unha grande esperiencia na creación da bandas sonoras para teatro de títeres.

   
   

  Ao rematar a obra aplaudimos porque nos gustou.

   
   

Powered by Drupal - Design by artinet