VISITAMOS BONILLA A LA VISTA

Os nenos e nenas de primeiro visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".


Estivemos moi atentos/as cando nos explicaron o proceso:



  • As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).

  • Soben a bañeira por unha cinta e alí lávanas.

  • Seguen a máquina picadora onde as cortan e lles sacan o amidón.

  • A fritideira está pechada e parece un túnel.

  • Cando están fritidas pasan a unhas bandexas para pesalas e empaquetalas.

  • As bolsas colócanas en caixas para lévalas ao almacén.

  • Alí están gardadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.

  No almacén vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...


Cando rematamos a visita regaláronnos unha bolsa de patacas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio.


Que ricos estaban!


Powered by Drupal - Design by artinet