Publicación das listaxes de adxudicación do fondo de libros

+ Información: 981546521 / 981547301 / 881997385 / 981546523

 

1. Trámites. A xestión das solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto axustarase, en todo caso, aos seguintes trámites:

a) O centro docente gravará na aplicación Fondolibros as solicitudes de participación e a emenda das deficiencias nestas ou na documentación preceptiva.

b) A continuación, cada centro xerará para cada curso:

1º. A listaxe provisional de solicitudes admitidas.

2º. A listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión: por estar presentadas fóra de prazo; por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación; ou por falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda nos cursos anteriores.

c) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación Fondolibros.

d) Finalmente, publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan; así mesmo, incluirá as de solicitudes excluídas.

 

2. Prazos. Os prazos para realizar os actos de xestión indicados nas letras anteriores poderá fixalos o centro docente, en función das súas necesidades, e deberá publicalos no seu taboleiro de anuncios e/ou páxina web, de forma que quede garantido que os representantes legais do alumnado os coñecen con antelación. O centro só poderá publicar unha única listaxe provisional e unha única listaxe definitiva, respectando as datas que el fixase.

As datas límite para realizar os trámites indicados no número 1º serán:

a) Para gravar solicitudes e emendas: o 5 de xullo de 2019.

b) Para publicar as listaxes provisionais: o 11 de xullo de 2019.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 17 de xullo de 2019.

d) Para publicar as listaxes definitivas 19 de xullo de 2019.

 

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).