Skip to Content

Admisión alumnado

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS CURSO 2022/2023

Faise público a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos para 1º de primaria.

Pódese consultar no taboleiro do centro.

ADMISION ALUMNADO CURSO 2022/23

Todo o alumnado das escolas adscritas (EEI dos Ánxeles, EEI de Sabaxáns), e alumnado do propio centro que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza.

Deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, SO O ALUMNADO NOVO NO CENTRO.

Lembren estar pendentes da información en web, xa que nesas datas e atendendo as instruccións da Consellería, deberán formalizar, (se o precisan),  a solicitude de Servizos Complementarios (Transporte e Comedor).

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 - 2023

O 1 DE MARZO, abreu o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2022-23 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 21 de marzo do 2022

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Poden descargarse os impresos accedendo a súa web dende o 1 de marzo, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 3 de marzo.

 

HORARIO DE ATENCIÓN EN CENTRO:  - Todos os días de 10:00 a 13:30h.

                                                                - Luns 15:45h a 17:00h

No caso de non poder acceder neste horario, poden chamar ao centro para solicitar cita.

ENLACE WEB ADMISIÓN

Documentación Admisión:

   - DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

   - Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.

   - Tarxeta sanitaria do alumno/a.

   - Folla de empadroamento actualizado de toda a unidade familiar.

   - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

   - Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.

   - Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.

*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2021-2022

Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

LISTAXES DEFINITIVOS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/21

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2020/21 foi admitido.

As familias do alumnado admitido deberá formalizar a  matricula  do 1 ao 10 de xullo na secretaría do centro.

APERTURA PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 20/21

O PRÓXIMO 1 DE MARZO, ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2020-21 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2020

ADMISION ALUMNADO CURSO 20/21

Todo o alumnado das escolas adscritas (EEI dos Ánxeles, EEI de Sabaxáns, EEI de Luaña), e alumnado do propio centro que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza. Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O día 9 de marzo terá lugar unha xornada de portas abertas, ás 17:00h na biblioteca do centro.

O prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo, é para o alumnado que non está matriculado nin no centro nin nas escolas unitarias adscritas.

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2020 - 21

A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai continuar os seus estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns - EEI da Igrexa).

 Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 1 ao 17 de febreiro

 Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos.(Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 -Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).

  PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro nin nas escolas adscritas, abrirase o periodo do 1 ao 20 de marzo.

Tamén poden acceder a descarga e información sobre o proceso de admisión na seguinte ligazón á web da Consellería.

ADMISIÓN 2020/21

REUNIÓNS TITORÍAS E FAMILIAS

As reunións de comezo de curso das distintas titorias coas

familias están convocadas nas seguintes datas:

5º INFANTIL              Luns 16 - 17:00h                  
6º INFANTIL Luns 23 – 17:00h
2º PRIMARIA Luns 16 - 17:00h
3º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h
4º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h
5º PRIMARIA Luns 23 – 17:00h
6º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h
Distribuir contido


by Dr. Radut