Skip to Content

3º Curso

Entroido 2014

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2014 - 3º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

Bailamos o "Canadian Barn"

Hoxe estivo no noso colexio Ana, veu a ensinar aos nenos e nenas de terceiro un baile escocés. Eles están a traballar este trimestre sobre o Reino Unido e dentro deste proxecto unha parte importante é coñecer a cultura deste país.

A danza chámase "Canadian Barn". Trátase dunha danza tradicional orixinaria das zonas rurais na que despois do traballo no campo os labregos xuntabanse para divertirse bailando.

Temos uns bailarins magníficos e aquí podedes ver uns anaquiños dos bailes.

Visita á granxa de Busto.

Hoxe fomos de excursión a unha granxa de vacas situada no concello de Mazaricos.

Primeiro contáronnos un conto dunha vaca chamada Chenoa,  que estaba namorada dun boi chamado Roi. Despois, nós debuxamos a vaca.

Tamén nos explicaron o proceso do leite, dende que sae da vaca ata que chega á nosa casa.

O que máis nos gustou foron os tenreiros e as vacas.

 

Natalia e Brais, 3ºB.

   
 

CONTOS CO TUXPAINT DOS/AS ALUMNOS/AS DE 3ºB

Durante este curso nas materias de "lingua galega" e "lengua castellana" os/as alumnos/as de 3ºB fixeron un conto empregando o programa informático Tuxpaint (http://tuxpaint.org). Aquí presentamos o resultado do seu traballo:


TOUPORROUTOU DA LÚA E O SOL DOS/AS ALUMNOS/AS DE 3ºB

Este curso fixemos unha apatación da obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol" facendo varias representacións combinando o teatro de persoaxes co teatro de sombras. Aquí adxunto alunhas fotos e un vídeo:

 


sentímolo, flash non está dispoñible.

O Galo Kirico

Os nenos e nenas de terceiro representaron o conto do Galo Kirico ante os seus compañeiros  o último día de clase.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O INVERNADOIRO DO COLEXIO

O 21 de marzo, día que comenza a primavera, fomos ao invernadoiro a plantar cabazas e cabaciños. Primeiro revolvemos a terra para sacar as malas herbas e para osixenala e logo fixemos uns buratos para meter as sementes. A continuación regamos a terra e deixamolas xermolar.

                  

Cando volvemos, pasadas dúas semanas, xa habian nacido case todas.Tamen habia outras  coma:cebolas, patacas, cenorias, leituga, amorodos, allos e flores de xardín(maravillas e violas).Tamén habia un composteiro que usamos para meter restos de comida e así facemos abono.


               

 

                                                                                                                         Antía(3ºB)

Antroido total 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Antroido Terceiro 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut