O 1 de decembro os terceiros, xunto cos cuartos, fomos ao cine ver a película de animación Coco, que xusto se estreaba ese día.
A película suscitou comentarios diversos, aínda que todos coinciden en que lles encantou :
Encantounos porque a película está ambientada no Dia de Mortos mexicano e decoran moi ben as tumbas . Tamén nos gustou moito a parte na que Miguel lle canta a canción Recuérdame a Mamá Coco.Deunos moita pena cando desapareceu o amigo de Héctor. Evelin e Lúa
Gustounos moito a música. A nosa canción favorita da película é Recuérdame. Martín e Xabi
Gustounos moito , pero a parte na que se olvidaban dos esqueletos pareceunos moi triste , pero logo foi ben. Gustounos que falara dos antepasados, xa que nos fai recordar aos nosos antepasados. Gustáronnos as cancións que cantaba Miguel, o neno que tiña o soño de ser musico, aínda que a súa avoa odiara a música. Un día cumpriu o seu soño. Aisha e Jorge
Foi moi bonita, gustounos moito. A parte que máis nos gustou foi cando lle caeu a Ernesto de la Cruz a campá enriba. Juan Diego e Alexandre
COCO é unha peli moi chula e encantounos porque nos encanta a música e nesta película tocaban moito a guitarra. Aroa e Alicia