Skip to Content

3º Curso

Na Casa Museo Rosalía de Castro

 

 
 

O xoves estivemos na Casa Museo Rosalía de Castro e hoxe estivemos compartindo por grupos as nosas impresións:

  • A Xabi, Daniela, Mariña e Alexandre o que máis lles  impresionou foi o chuvasqueiro de palla que empregaban antes os labregos e o forno onde facían o pan. Tamén lles gustaron os sofás da sala. Aprenderon que Rosalía tocaba varios instrumentos, un deles o piano.
  • A Alicia, Daniela e Marina sorprendeulles que Rosalía non tivera casa propia, que tivera sete fillos e que un deles nacera morto e que outro morrera cun ano e medio.
  • A Estrella, Dayana, Lupe e Yanira encantoulles a réplica do vestido de Rosalía, ler un dos seus poemas nunha pantalla con música de fondo e ver a cama de Rosalía.
  • A Sara, Juan Diego, Andrew, Diana e Uxía gustoulles a figuera do xardín, que xa estaba cando Rosalía vivía na casa. Tamén aprenderon que un dos fillos de Rosalía , Ovidio, era pintor.
  • A Claudia, Martín, Jorge e Karlos gustáronlle varios obxectos nos que aparecía a cara de Rosalía ( un billete de cincocentas pesetas, unha botella...), os cadros e os libros. Sorprendeulles que Rosalía mandara á súa filla que  queimara os seus últimos escritos.
  • A Lúa, Iria, Aisha, Hugo e Aroa gustoulles o vídeo de animación que vimos. Tamén lles chamou a atención que Rosalía fose máis alta ca Manuel Murguía, e que este para disimular a diferenza usara chistera.Por último, impresionoulles que a súa filla Gala vivira ata os 92 anos.

Chegada ao cole cos afillados/as

Subida á carballeira de Santa Minia e festa das Letras Galegas

 
 

Todo o colexio subimos á carballeira de Santa Minia cos nosos afillados e afilladas de lectura para disfrutar da Festa das Letras Galegas onde houbo actuacións dos distintos cursos. Nós bailamos e cantamos o poema musicado Xa non teño medo,  de María victoria Moreno.

 
   

Letras galegas 2018


 
   

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado á escritora e mestra Mª Victoria Moreno. Nós celebrámolo debuxando retratos da escritora, cos que fixemos chapas para todo o colexio. Tamén fixemos un mural sobre a súa vida e obra.

 

Axudamos a facer o maio

   

Celebramos o Día do Libro cos afillados/as de lectura

Watercolor abstract portraits

Plantamos dúas nogueiras e un castiñeiro

Todo o colexio, dirixidos por Xoan, fomos plantar unha árbore por curso a un parque que está na rúa Tarrío, moi preto do colexio. Aos terceiros tocounos un castiñeiro e dúas nogueiras.

                                              
 

Xoan explicounos que iamos plantar tres especies autóctonas galegas.                        Fomos buscar auga.

Primeiro botamos algo de abono no burato, engadimos unhas padas de terra, verquemos unha pouca auga e mesturamos. A continuación colocamos o noso castiñeiro, tapamos ben o burato e regamos un pouco. Agora a ver como vai medrando pouco a pouco!!

   

Programando

 

Con Mario, informático e pai dun neno de 3ºA, comprendemos mellor a linguaxe da programación, por medio dunha actividade moi divertida na que tiñamos que dar instruccións aos nosos compañeiros/as, coma se fosen robots, para que  completaran unhas tarefas.

Foi unha actividade moi entretida, que parecía fácil, pero ao principio costounos decidir as instruccións que tiñamos que programar. Iso sí, ao final conseguímolo todos.

Agradecemos a Mario o seu traballo e esperamos que volva, a próxima vez xa cos robots.

Outdoor Painting

 
 Aproveitando que facía un bo día collemos as nosas acuarelas e cadernos, e saímos pintar algunhas das árbores que temos no patio. Quedáronnos unhas auténticas obras de arte !!  
Distribuir contido


by Dr. Radut