Skip to Content

Complementarias

O XOVES, 8 DE NOVEMBRO, MAGOSTO EN PEDROUZOS

De novo ás voltas co asado das castañas e algún que outro susto cando algunha estoupaba coa risa.

Xa desde primeira hora comezamos co acendido das fogueiras e a posta a punto das parrillas, todo preparado para despois poder degustar ese saboroso froito.

Para que a espera non resultase longa, o equipo de extraescolares organizou xogos, contando coa colaboración do alumnado de 6º que fixeron de guías. Distribuídos por todo o patio, tod@s participamos, cambiando cada quince minutos para así poder disfrutar deles dun xeito organizado.

Venres 22 de xuño - Fin de curso - "PESDELÁN"

O próximo 22 de xuño rematamos o curso cunha actividade musical a cargo do grupo Pesdelán, na que participará todo o alumnado e profesorado do Centro. Contaremos tamén coa participación do alumnado e profesorado da escola unitaria dos Ánxeles.
Aproveitaremos a ocasión para estrenar as camisetas con deseños de petroglifos, actividade coa que rematamos o Proxecto sobre a Prehistoria traballado ao longo deste curso.
Adxuntamos o cartel co programa das danzas de Pesdelán.

Planeta Mobil

A semana pasada, do 16 ao 20 de xaneiro,  tivemos a sorte de contar cun PLANETA MÓBIL que se instalou no ximnasio do colexio e vimos unha proxección de astronomía, destacando as constelacións que podemos observar agora no inverno: Osa Maior, Osa menor, Orión, Xeminis, Can Maior, Can Menor, ...
Participou o alumnado das unitarias do concello de Brión, os alumnos de 1º da ESO e todo Infantil e Primaria deste Centro.
Despedímonos del esperando que, se algún ano volve a coincidir que pase cerca de Brión, veña a saudarnos e nos enseñe máis constelacións e novos descubrimentos espaciais.

Cabazas do Samaín 2011

Se premes nunha das imaxes accederás a un video do Samaín.

Premendo na outra, á galería de cabazas.

Video de cabazas

Magosto 2010-11

Este ano celebramos o Magosto dun xeito especial: despois de pedir a xornada continua para ese día, adicámonos a realizar diferentes actividades durante toda a mañán, relacionadas con xogos antes de pasar a papa-las castañas.

Debido á choiva tivemos que realizar as actividades dentro do centro en dous turnos de xeito que todos puidéramos participar: primeiramente os compañeiros de A e C (supervisados polos "monitores" de 6ºA) e logo os grupos B (supervisados por 6ºB).

Rotando polas diferentes "estacións de xogo" na compaña dos titores, os grupos ían chegando ás "Cadeiras Musicais", "O Asasino", "Os Pescadores Emparellados", "Os Meteoritos", "Encesta a Castaña", "Os Aros Ocupados", "Xogos Variados Populares", por poñer algúns; alí os excelentes monitores de sexto explicaban o xogo e facían a todos partícipes do mesmo.

 

Logo, recén chegadas dun forno, as castañas fixeron a súa aparición, ao igual que os zumes que puidemos degustar no patio cuberto.

Un día distinto que non tería sido o mesmo sen a impagable colaboración de todos, especialmente dos compañeiros de sexto: grazas a todos e todas!

Pasando medo no Samaín

O pasado 29 de Outubro celebramos o Samaín, festividade de orixe celta que nós herdamos e transmitimos ás novas xeracións. Cómpre sinalar que o Samaín e o Halloween son cousas diferentes, xa que a pesar de que na nosa tradición está o talle e decoración de cabazas, non nos disfrazamos como fan os que celebran Halloween.

Porén, no centro quixemos ver como de bos eran os noso alumnos na talla de cabazas e, a verdade, quedamos arrepiados co resultado! Eiquí tedes unha escolma de imaxes para que se vos poñan os pelos de punta!

 

Vista xeral da entrada de Primaria

 

Festival Cine de terror

O venres quixemos celebrar no colexio "O Samaín" e ademáis da mostra de cabazas realizadas polas familias, tivemos o I Festival de Cine de Terror de Pedrouzos. Ao longo do día os nenos e nenas puideron asister ao pase dalgunha destas película de medo "O Pequeno Vampiro", "A Momia", "A familia Monster", "Pesadilla antes de Nadal"... foi un día arrepiante!

Festa de fin de curso

Hoxe despedimos o curso coa actuación de Mamá Cabra, tivemos a oportunidade de escoitar en vivo e en directo cancións como "O polo Pepé", "Unha vella tiña un can"...e moitas outras que fixeron as delicias de grandes e pequenos.

Desexamos que  pasedes unhas felices vacacións e agardámosvos en setembro! Bo verán!                            ver máis fotos

ANTROIDO 2009/10 (VI)

ANIMALIÑOS DE INFANTIL

Moi pronto na galería  poderemos ver moitas máisimaxes do ANTROIDO

sentímolo, flash non está dispoñible.

ANTROIDO 2009/10 (V)

DOMINÓ DE 4º CURSO

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut