Skip to Content

Magosto 2010-11

Este ano celebramos o Magosto dun xeito especial: despois de pedir a xornada continua para ese día, adicámonos a realizar diferentes actividades durante toda a mañán, relacionadas con xogos antes de pasar a papa-las castañas.

Debido á choiva tivemos que realizar as actividades dentro do centro en dous turnos de xeito que todos puidéramos participar: primeiramente os compañeiros de A e C (supervisados polos "monitores" de 6ºA) e logo os grupos B (supervisados por 6ºB).

Rotando polas diferentes "estacións de xogo" na compaña dos titores, os grupos ían chegando ás "Cadeiras Musicais", "O Asasino", "Os Pescadores Emparellados", "Os Meteoritos", "Encesta a Castaña", "Os Aros Ocupados", "Xogos Variados Populares", por poñer algúns; alí os excelentes monitores de sexto explicaban o xogo e facían a todos partícipes do mesmo.

 

Logo, recén chegadas dun forno, as castañas fixeron a súa aparición, ao igual que os zumes que puidemos degustar no patio cuberto.

Un día distinto que non tería sido o mesmo sen a impagable colaboración de todos, especialmente dos compañeiros de sexto: grazas a todos e todas!



page | by Dr. Radut