Skip to Content

O XOVES, 8 DE NOVEMBRO, MAGOSTO EN PEDROUZOS

De novo ás voltas co asado das castañas e algún que outro susto cando algunha estoupaba coa risa.

Xa desde primeira hora comezamos co acendido das fogueiras e a posta a punto das parrillas, todo preparado para despois poder degustar ese saboroso froito.

Para que a espera non resultase longa, o equipo de extraescolares organizou xogos, contando coa colaboración do alumnado de 6º que fixeron de guías. Distribuídos por todo o patio, tod@s participamos, cambiando cada quince minutos para así poder disfrutar deles dun xeito organizado.

Non faltou o xogo da pita cega, o comecastañas, os bailes e saltos da culler portacastañas, as carreiras do trespés, a danza das buxainas e moitos outros.

Pasámolo moi ben e xa estamos agardando polo do próximo curso.

 




page | by Dr. Radut