Skip to Content

Planeta Mobil

A semana pasada, do 16 ao 20 de xaneiro,  tivemos a sorte de contar cun PLANETA MÓBIL que se instalou no ximnasio do colexio e vimos unha proxección de astronomía, destacando as constelacións que podemos observar agora no inverno: Osa Maior, Osa menor, Orión, Xeminis, Can Maior, Can Menor, ...
Participou o alumnado das unitarias do concello de Brión, os alumnos de 1º da ESO e todo Infantil e Primaria deste Centro.
Despedímonos del esperando que, se algún ano volve a coincidir que pase cerca de Brión, veña a saudarnos e nos enseñe máis constelacións e novos descubrimentos espaciais.

foto do planeta-mobil



page | by Dr. Radut