Skip to Content

3º Ciclo

Manzaneda 2014

O alumnado de 6º de primaria coma despedida do cole, disfrutou de tres días en Manzaneda, xunto co alumnado do CPI Cova Terreña. Participaron nos obradoiros e compartiron  experiencias que os levaran xuntos o ano que ben.

Grazas por todos estes anos e moitisima sorte no camiño

BELECONTOS

LECTURAS COMPARTIDAS: OS MAIORES LEN E OS CATIVOS ESCOITAN.

 

 

OS MÚSICOS DO VAL MIÑOR

Estrea da musical Valmiñor- Belesar

Estrea do musical Valmiñor-Belesar, historia de 25 anos no Auditorio do Concello de Vigo. O alumnado do 3 ciclo e exalumnos mostraron a vida do cole desde 1989 ata 2014, coas marabillosas voces e as gaitas dos Novos Galiños de Belesar. A seguinte actuación será este mércores 14 de maio no cole en sesión de mañá e de tarde.

Continuade artistas!

25 días de conta atrás para a estrea do Musical


Os nosos nenos e nenas do 3 ciclo, da man dos antigos alumnos que participan con nós e os Galiños de Belesar están preparando a estrea do Musical Valmiñor- Belesar, cronología de 25 anos.  En referencia ao novo disco do Miñorano Iván Ferreiro, Valmiñor-Belesar é un musical onde recolleremos os 25 anos de vida do colé e da música.
A estrea será o 5 de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Despois actuarán o mércores 14 de maio no cole e o xoves 5 de xuño no Auditorio v Centenario en Baiona.

Moito ánimo a empuxe na recta final.

 

Excursión a O Grove.

Os nenos e nenas do 3º ciclo de E.P estivemos de excursión, o mércores 19 de marzo, en Pontevedra e en O Grove.

 

 

               
O Grove 2014 - Video Maker

Excursión a Pontevedra e a O Grove

Os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria fixemos unha excursión, o mércores 19 de marzo, a Pontevedra e a O Grove.

A vida é...unha obra de teatro.

Unha obra na que os nosos alumnos e alumnas do 3 ciclo, participan , poñen ilusión, emocións e traballan con entusiasmo.

Musical, Cuenca, Rozalen... todas estas actividades estiveron cheas do voso traballo , e queremos felicitarvos por iso,

ademáis das festas.

Noraboa!

There´s a part of them in me

Unha semana de vivencias, encontros, frío, emocións...aprendendo moito inglés. Aqui tedes o noso proxecto da semana de Inmersión Lingüística en Priego. Unha curta na que os nenos e nenas do 3 ciclo falan da necesidade de coidar o que nos arrodea, xa que todos formamos un único mundo.

Temos todos algo deles....

80 veces..decimos que queremos ser felices

O alumnado do 3º ciclo do cole expresou a través da canción 80 veces de Rozalen, o seu ánimo a todas as persoas que deciden rodearse de xente que as queiran e apoien, deixando de lado situacións que non nos aportan nada. Cantando e con linguaxe de signos, apostan pola felicidade. A nosa aportación no día en contra da violencia de xénero.

Distribuir contenido


by Dr. Radut