Skip to Content

Escuelas de la milla. Xornada 1

Este curso todo o centro apuntámonos para participar na actividade "Las escuelas de la Milla" que ten como obxectivo mellorar a saúde física, social e emocional mediante a diversión e compañerismo no centro escolar.

Este programa dura catro meses e consiste en correr/camiñar unha milla (1.600m.) un día a semana o primeiro mes, dous días, o segundo, tres días o terceiro mes e catro o último mes.

Non tiñamos claro como ían responder os nenos a actividade pero a realidade é que a acolleron con moitas ganas e houbo moitos que querían seguir e seguir correndo mais aló da milla...remataremos o curso cun bo fondo físico seguro!

 



page | by Dr. Radut