Skip to Content

Actividades

Aquí están as MOCHILAS VIAXEIRAS!

Xa comezaron a súa viaxe polas casas as mochilas viaxeiras de Belesar.

Agardamos que enchan as vosas tardes de lecturas compartidas e vos permitan desfrutar de fantásticas viaxes en familia.

No cole queremos velo! Así que recordade escribir nos cadernos que levan dentro!

mochilas viaxeiras 2019

Proceso de recolocación de fondos

Estamos a enfocar o traballo de recolocación de fondos como unha cadea de montaxe. Os libros van pasando por diferentes caixas e en cada unha de elas hai que aplicarlle algunha modificación. É un proceso algo complexo pero que confiamos nos vaia a funcionar!

Deixámosvos o documento que estamos a utilizar como guía do proceso por si fora do voso interese!

Saúdos!

biblio

Comezamos aventura!

Este vai ser un curso moi especial. No colexio decidimos recolocar tódolos libros da biblioteca para adaptar a súa catalogación á CDU simplificada proposta por Bibliotecas Escolares, diferenciar por competencia lectora e engadir palabras clave (materias) a cada libro para facilitar a súa posterior busca.

É un traballo inxente que non sabemos ben cando rematará! 

Deixámosvos os detalles no documento publicado en: "Proceso de recolocación de fondos"

BIBLIO

BIBLIO

BIBLIO

Premios BIBLIOTECA

O pasado venres acudimos todos á entrega dos Premios da Biblioteca. Algunhas clases estiveron moi reñidas e ata houbo que facer desempates , pero outras ... tiveron pouca colaboración este ano

Agardamos que o vindeiro curso estemos máis animados a participar nesta actividade ;)

De tódolos xeitos , os participantes levaron coma agasallo uns marcapáxinas e unhas chapas moi molonas das autoras traballadas

 

 

 

APADRINAMENTOS LECTORES

Hoxe , na hora de ler, comenzaron os apadrinamentos lectores un ano máis. Aproveitamos o solciño e saímos fóra a desfrutar do pracer da lectura ao aire libre. Neste caso , os nenos e nenas de Primeiro serán afillados do alumnado de cuarto 

 

 

 

SOMOS IGUAIS

O pasado xoves achegóuse ata o noso Colexio Raquel Queizás co seu último traballo "SOMOS IGUAIS" O espectáculo vai facendo un roteiro entre diversos contos , algúns deles ben coñecidos por nós coma o de Arthur e Clementina que nos fan reflexionar sobre o papel das mulleres e sobre a Igualdade. Desfrutamos moitísimo con ela que , en todo momento, fixo partícipe das súas historias tanto a nenos coma a profes

Desexando que volvas , recolle un bico ben grande de todos nós

 

 

 

MUSICAL "POR ELAS"

AS FAMILIAS CONTAN

"AS FAMILIAS CONTAN HISTORIAS FERMOSAS QUE NOS LIBROS ATOPAN " Grazas a Andrea , nai de Rober e de Simón , coñecimos historia fantásticas sobre o mundo mariño e os seus habitantes. Esta actividade contóu cun axudante de narración ( Simón) un ilustrador (Robert) , e un público entregado , os fantásticos e fantásticas da clase de tres anos , e as formiguiñas da clase de Primeiro

Moitas Grazas  por compartir con nós unha actividade que achega un pouquiño máis as familias á escola

 

TEATRO NO COLE

CEIP Pombal "A GALIÑA AZUL"

SEMANA CULTURAL

 Dentro das actividades programadas na Semana Cultural , o xoves tivemos magníficas actuacións

- Adriana (2º) interpretóu un poema de "Cantares Galegos"

- Carlos (3º) ao piano deleitóunos coa "Casa Das Frores"

- Vera e Xiana (3º) escenificaron " A Escultura" de P.F Seoane

- Lía de (6º) ao piano e Valeria (1º) coma Soprano intrepretan " Sonatina"

- Marina e Gracita (3º) "As Cores"

- Santi (6º) coa gaita tocóu dúas pezas "Muiñeira de Poio" e "As Burgas"

E coma remate , o alumnado de Primeiro interpretóu a canción de Magín Blanco "Todos somos capitáns " Hoxe toca teatro . Acudirán ao cole a COMPAÑÍA INFANTIL MARÍA CASARES DO CEIP Pombal de Vigo a representar a obra "A Galiña Azul"

Distribuir contenido


by Dr. Radut