Skip to Content

2º Ciclo

Semana Cultural 2019

Xa están aquí as actuacións enteiriñas da Semana Cultural. Disfrutade dos artistazas que temos no colexio e, xa sabedes, para o ano máis e mellor!

 

Recycling

Dentro do seu proxecta "Natureza no camiño" o alumnado de 3º de primaria na aula de Inglés traballou a reciclaxe e foi visitando as distintas aulas ensinándolles unha divertida canción!

Lume no camiño. 4º de Primaria

Dentro do seu plan Proxecta Lume no camiño o alumnado de 4º de primaria traballou arreo e aprendeu unha morea de cousas. Velaquí unha mostra:

 

 

Almorzos saudables

O pasado xoves os nenos e nenas de 3º e 4º disfrutaron dun almorzo mais que saudable...viñeron encantados!

 

CENTENARIO DO NACEMENTO DE GLORIA FUERTES

PARA CELEBRAR O CENTENARIO DO NACEMENTO DA POETISA GLORIA FUERTES

http://www.gloriafuertes.org/

http://www.cervantesvirtual.com/portales/gloria_fuertes/

UNHA MAÑÁ ARTÍSTICA

O martes, 21 de marzo, os alumnos de 4º, 5º e 6º fomos ao auditorio Afundación a ver "A marabillosa historia do violín trompeta".

 

violin trompeta

 

 

 Despois, merendamos nas escaleiras do Museo de Arte Contemporánea

( MARCO) e, logo, disfrutamos da exposición "Mulleres do silencio"

 

A SEMANA DE ROSALÍA

http://www.grietaeditorial.com/wp-content/uploads/2015/11/1305583203_850215_0000000000_sumario_normal.jpg

rosalía

de castro

Naceu o 24 de febreiro do 1837 en Santiago de Compostela, sendo o seu nome completo María Rosalía Rita de Castro. Rosalía era filla de nai solteira, quedando o coidado dunhas tías paternas nos primeiros anos de vida; cando conta con 5 anos de idade xa vive coa súa nai en Padrón.

Ademais da súa paixón pola literatura, mostrou inclinación polas artes (a música, a declamación e o debuxo). Dende a adolescencia participa nas actividades culturais do "Liceo de la Juventud de Santiago". Destaca como actriz en diferentes obras teatrais.

Con 19 anos viaxa a Madrid. Residirá na casa da súa tía materna. En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario "La Flor".

Un ano despois casará co escritor e historiador galeguista Manuel Murguía,

co que terá sete fillos o longo da súa vida (morre un fillo dun ano e medio

nun accidente doméstico e a derradeira filla nacerá morta).

No 1859 escribe a primeira novela "La hija del mar" e nace a súa primeira filla.

Despois de morrer a súa nai, no ano 1863 publica "A mi madre" e "Cantares Gallegos", primeiro libro integramente en galego no que reivindica a dignidade da cultura, lingua e paisaxe de Galicia e que marca o inicio e punto de partida do denominado Rexurdimento.

Outros títulos poéticos relevantes son "En las orillas del Sar" (1884) e "Follas Novas" (1880). Son destacables tamén as novelas "Ruinas" , El caballero de las botas azules", "Flavio" ou "El primer loco".

Durante a súa vida reside en diversos lugares da xeografía española o que a fai coñecedora da cultura rural e defensora dos homes e mulleres labregos.

O que destacou na obra de esta escritora e poetisa foi que escribiu tanto en castelán coma en galego (facendo renacer esta lingua), sempre enmarcada no romanticismo e destacando a temática do seu sentir galego e a súa preocupación social.

Foi pioneira na loita pola emancipación e liberdade da muller. Librepensadora.

Rosalía contaba cunha feble saúde e morre en Padrón no ano 1885.

 
 

 

 

 

Homenaxe dunha aeroliña Noruega polos valores que reúne Rosalía: impulsou e recuperou o galego como lingua. Pioneira na loita pola liberdade da muller e dos desvalidos.

 

 

 

 

 

Exposición: "Mulleres galegas na historia"

OBRADOIRO DA BILIOTECA

XA COMEZOU O NOVO OBRADOIRO DA BIBLIOTECA. O TEMA ESTE ANO É : "IGUALÁNDONOS"

DESTA VEZ TEMOS SÓ UNHA SEMANA PARA FACER A TAREFA QUE NOS ENCOMENDA E INTRODUCILA NO BUZÓN ANTES DO PRÓXIMO VENRES, 20 DE XANEIRO.

HAI QUE INVESTIGAR SOBRE FRIDA KAHLO E RESPONDER A ESTAS PREGUNTAS:

Distribuir contido


by Dr. Radut