Skip to Content

Curso 2010 - 2011

Exposición cartel e lema

Convidámosvos a visitar o Centro Comercial Ramallosa do 16 ao 26 de Maio para gozar cos carteis feitos polos nenos dos diferentes colexios do Val Miñor, entre eles o colexio Ceip Belesar.

 

Galegos e galegas polo mundo

Durante o anterior trimestre, viaxamos por todo o mundo coñecendo os distintos continentes.

Os nenos e nenas de Belesar, puideron coñecer onde estiveran os seus compañeiros/as, mestres/as,..., Responderon as preguntas do recuncho e aqui estan os agasallos para os participantes.

Noraboa!!!

CONTACONTOS ESPAZO E LECTURA

O DÍA 31 DE MARZO TIVEMOS A VISITA DUNHAS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS DE ESPAZO E LECTURA. CONTARON MOITAS COUSAS SOBRE O IMPORTANTE QUE É A AUGA NAS NOSAS VIDAS. LERON MOITOS CONTIÑOS E O PASAMOS MOI BEN.AQUÍ TEDES UN DEBUXIÑO DA CLASE DOS EXPLORADORES SOBRE O CICLO DA AUGA. MOITAS GRAZAS POLA VISITILLA. ATA PRONTO.

Belesar no Camiño

Pasiño a pasiño fixemos o camiño de Belesar durante o 1eiro trimestre.
No recuncho de normalización puidemos desfrutar e aprender sobre o Camiño de Santiago, as súas rutas, famosos no camiño e fotos nosas dos diferentes camiños!!
Aos que respostaron os quebracabezas démoslle un agasallo.
No segundo trimestre traballaremos...GALEGOS POLO MUNDO!!!

Desexos galegos

Remata un ano e chega outro..por iso quixemos desexarlles aos nosos compañeiros e compañeiras o mellor para o vindeiro ano a través dunhas mensaxes nas súas clases.Desexos galegos de ledicia e mellora!

Co xogo do amig@ invisible, puidemos coñecer un pouco máis aos demáis.

 

Agasallos de Samaín

Este ano os nenos e as nenas participaron creativamente na convocatoria de poemas de medo e cabazas de Samain.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega quiso agasallar aos participantes pola súa tarefa.

Grazas a todos vos, conseguimos máis espazos para a nosa cultura e tradicións.

Noraboa a todos e todas!!

Segue os exploradores de Belesar polos seus descubrimentos

 

Os nenos e nenas de 4 anos levaranos a descubrir miles de cousas este ano. Clicade no título e veredes o ben que o pasamos

 

Invitámosvos a ver as actividades realizadas conxuntamente as 3 aulas de EI

Entrade, merece a pena!!!

 

Firmado: Os Dragóns Viaxeiros, os Piratas e os Exploradores

            

Entrade a descubrir como nos divertimos os nenos de 5 Anos

Benvidos a aula dos Dragóns Viaxeiros

Distribuir contido


by Dr. Radut