Skip to Content

Secretaria

documentos de interese

Distribución máscaras alumnado Educación Primaria

Segundo a orde do DOG do 6 de novembro terán que distribuir máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria que cumpla os seguintes criterios:

"1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias,
pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de
Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda
da unidade familiar."

Aquelas familias que sodes beneficiarias de axuda de MATERIAL ESCOLAR non tedes que presentar ningunha solicitude pois automaticamente xa está aprobada. Os que querades presentar solicitude porque pensades cumprides os requisitos o prazo é dende o 16 ao 27 de novembro no propio centro.

Adxuntamos a orde do DOG coas instruccións e a solicitude.

Uso xel hidroalcohólico

Bo día familias,

as últimas instruccións da Consellería din que "para o alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Infantil, restrinxirase o uso do xel hidroalcóholico e priorizarase o uso de agua e xabón ou outros tipos de solucións xabonosas", polo que dende hoxe, cando entran ao centro non lle botamos xel se non que van ao seu aseo e lavan as mans.

Tamén vos queríamos solicitar que, por favor, todos aqueles nenxs que veñen coa botella de xel hidroalcohólico colgado na mochila que o deixen na casa, para poder controlar as veces que usan o xel.

Un saúdo

Equipo directivo

Axudas para o apoio á infancia e adolescencia.

Boa tarde familias,

dende o servicio de educación e apoio familiar de Baiona envían as bases da convocatoria para a concesión de axudas para o apoio á infancia e adolescencia.

Enviamos por se fóra do voso interese,

Saída do centro

Bo día familias,

 

entendemos que o momento da saída do centro é complexo porque sodes moitas familias as que estades á espera, pero queríamos solicitarvos que intentedes evitar aglomeracións na porta de entrada e sobre todo, unha vez recollidos aos vosos fillos/as non vos quededes na zona e deixedes oco para os que aínda están esperando.

Ánimo, esta é unha situación excepcional e non podemos relaxar as medidas en beneficio de todos/as

Un saúdo e feliz día

Equipo directivo

Calendario escolar 2020/2021

Bo día familias,

adxuntamos imaxe e pdf do calendario escolar deste curso.

CALENDARIO

Comezo de actividades extraescolares

Bo día familias,

a partir de mañá 1 de outubro no centro levaranse a cabo dúas actividades extraescolares organizadas polo pavillón de Baiona:

- Martes: fútbol e baloncesto

- Xoves: multideporte

A forma de apuntarvos é a través do correo electrónico, teléfono de contacto do pavillón ou asistindo o primeiro día de actividade ao centro; será o monitor o que teña as follas de inscrición e fagades a xestión con el.

O servizo de biblioteca non funcionará como habitualmente. Haberá un mestre de garda só para resolver posibles incidencias e se algunha familia non puidera recoller ao neno/a á hora de remate, durante todo o curso escolar por motivos laborais, deberá aportar un xustificante de traballo que o confirme para poder continuar coas medidas sanitarias especiais que temos este ano.

Lembrade que debemos ser conscientes de seguir o protocolo e as medidas marcadas por sanidade en beneficio de todos,

Moitas grazas pola vosa comprensión,

Un saúdo

Equipo directivo

Uso simultáneo Abalarmóbil e Tokapp School

Bo día familias,
dende hoxe as comunicacións de centro serán enviadas de forma simultánea por tokapp e abalarmóbil polos seguintes motivos:
- Abalar móbil ten novas funcionalidades que queremos probar antes da vindeira renovación do contrato coa app Tokapp
- Algunha familia non recibe os Tokapp e desta forma aseguraríamos que a todos vos chegan os avisos.

Os que xa usades Tokapp e non tedes dificultades con el podedes seguir usándoo sen problema, non é preciso que teñades as dúas aplicacións descargadas,


Un saúdo e feliz día
Equipo directivo

Procedemento a seguir en caso de síntomatoloxía compatible

Bo día familias,

esta semana tivemos unha reunión coa nosa coordinadora COVID para resolver dúbidas en canto a funcionamento e organización do centro.

Enviamos unha modificación do procedemento a seguir en caso de síntomas compatibles, tamén estará colgada na páxina web do centro.

Para calquer consulta non dubidedes en contactar con nós,

Un saúdo

Equipo directivo

Documentación COVID

Bo día familias,

anexamos a seguinte documentación:

- Plan de adaptación COVID

- Plan de continxencia

- Plan de acollida

Un saúdo e feliz día

Equipo directivo

 

Cambio de teléfono COVID

Bo día familias,

Por problemas coa compañía de teléfono tivemos que cambiar o número de contacto COVID.

A partir de agora se tedes algunha incidencia e precisades poñervos en contacto con algún membrio do equipo COVID o teléfono será o seguinte: 633.200.849

Un saúdo e feliz fin de semana

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut