Skip to Content

Robotizando Belesar III

Para rematar o curso, os alumnos e alumnas de cuarto decidimos montar unha pequena festiña. Para iso, decidimos montar as nosas particulares salas de festa robóticas! Party party!

Belecine

O pasado xoves, en Belesar, montamos o noso propio cine! Todo o colexio colaborou e participou, tamén os alumnos de cuarto e quinto de primaria, que fabricaron uns lectores de entradas para as salas. Quedou todo xenial!

 

ROBOTIZANDO BELESAR II

As nenas e nenos de cuarto seguimos afondando no mundo da robótica. Logo de traballar os kits de Lego e de achegarnos á programacion con mBlocky, agora metémonos a construtores! Con moita dedicación e atención montamos os novos robots que chegaron ó colexio. Paso a paso, peza a peza e parafuso a parafuso conseguimos que quedaran xeniais!

 

ROBOTIZANDO BELESAR

As alumnas e alumnos de cuarto de primaria levamos un tempo descubrindo o divertida que é a robótica, primeiro xogando con kits de Lego e, máis tarde, comezando xa a xogar cos mbots. Pronto seremos uns ases!

Distribuir contido


by Dr. Radut