Skip to Content

E. Física

Xornada xogaloita no Pavillon de Baiona

Hoxe, participamos na Xornada de Xogaloita do programa do Deporte escolar. Gozamos moito na nela!

 

XX Cross Escolar do Val Miñor

Hoxe pola mañá, tivemos unha xornada marabillosa na que puidemos gozar dun Cross Escolar no Val Miñor. Na Ladeira atopabase o  alumnado do CEIP Belesar que participou, e fixéronno moi ben; estamos moi orgullosas do voso esforzo, da vosa forza  para caerse e erguerse, do voso tesón e dos vosos resultados.

Ata subíu ao podio Mara San Román!!

Grazas a todos e todas!

Carreira solidaria Fundacion "Unoentrecienmil"

O venres foi un día especial para nós, porque participamos na Carreira solidaria da Fundación "Unoentrecienmil", para recaudar fondos en prol da investigación da leucemia infantil.

Alumnado, familias e mestres participaron na carreira, desexando avanzar neste campo.

Grazas pola vosa participación.

 

 

Atletismo en pista

Hoxe participamos nas Xornadas de atletismo en pista, organizadas pola Deputación co noso alumnado de 4º e 5º de primaria. Pasámolo moi ben. Noraboa a todos os participantes.

Atletismo na escola

Atletismo na escola

Bicis en Belesar

Loita Libre en Belesar

Os días 21 e 22 de xaneiro tivemos a visita dun campión de España en loita libre para ensinarnos as bases deste deporte. Moitas grazas Juan do clube de loita libre de Sabarís.

 

Tenis de mesa na escola

Hoxe viñeron da asociación deportiva Vincios de Tenis de Mesa a facernos unha demostración e a ensinarnos a xogar ao tenis de mesa. Na asociación de Vincios teñen esta actividade. Deixovos un video con as fotos. Que ben o pasamos!!!

 

 

SESIÓN PRÁCTICA DE TENIS

Onte, mércores 30 de setembro, David e Juan, monitores do clube de tenis de Gondomar, viñeron ao cole a facer unha sesión práctica de tenis.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut