Skip to Content

Música

Os Novos Galiños de Belesar estrean novo disco

 

Os Novos Galiños de Belesar, capitaneados polo seu mestre Xaime acudieron o pasado luns a Escola de Son e Música de Vigo para gravar o seu primeiro cd, con temas inéditos.

Axudados de Marco, na percusión, Vera, Moisés, Andrea, Xaime, Santi, Pedro, Sandra e David sacaron maxia das gaitas e inerpretaron 6 pezas que poderemos escoitalas cando maqueten o traballo.

Despois a escola, convidounos a unha merendola e visita ao centro.

Grazas a Escola de Son e música de Vigo polo seu traballo e acollida, aos alumnos e mestres ...e por suposto a Xaime e os Novos Galiños de Belesar polo voso traballo.

Noraboa!!

AUDICIÓN ACTIVA

O venres pasado, cos nenos e nenas de 6º, traballamos a peza "Moita festa" de José Pacheco, interpretada por Carlos Nuñez.


Ao final da clase quixemos aportar a esta marabillosa composición, o noso gran de area e este foi o resultado.


Moi ben rapaces!

DITADO DE RITMO

Con este xogo podedes practicar ditados rítmicos moi sinxelos e ademáis... é moi divertido!!!


Inténtao pinchando sobre a imaxe:



María Música Guiño

A CLAVE DE SOL

Este enlace vai a axudarvos a escribir a clave de sol coas súas voltas e revoltas! 


Ás veces, é complicado para algúns nenos, incluso de sexto!


Fai clic aquí


María Música Guiño

Curso 2012 / 2013

Curso 2012 / 2013


O curso xa está en marcha!


A miña intención é que esta sección sexa un lugar onde podades entretervos, aprender, compartir e disfrutar da MÚSICA


Mostrarémosvos algunhas das actividades que realizamos na clase e intentarei acercar aos meus alumnos sitios e actividades interesantes que irei enlazando para compartir coas tareas da aula. Poderedes explorar os sitios que vos propoño e aprender xogando!


María Música Guiño


 

Distribuir contido


by Dr. Radut