Skip to Content

Primaria

Planetario Ruta Quetzal

O xoves pasado todo o alumnado do centro desfrutamos dunha viaxe moi especial ao espacio grazas ao planetario Ruta Quetzal.

Préstamo xogos Mercurio

Durante 15 días do mes de febreiro a marca MERCURIO deixounos en préstamos grazas a xestión da ANPA. O alumnado desfrutou moito dos distintos xogos, faltounos tempo!

 

Excursión A Coruña 5º e 6º de Primaria

O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Primaria xunto aos grupos dos mesmos cursos do CPI Cova Terreña foron de excursión aos museos de A Coruña.

 

Carta do alcalde para todos os nenos e nenas de Baiona

O noso alcalde, Carlos Gómez, envía unha carta de agradecemento a todos os nenos e nenas da vila, agradecendo o esforzo que fan a diario e achegando a posibilidade de que lle escriban en caso de que desexen contarlle  calquera cousa que lles apeteza compartir.

Moitas grazas polo detalle!

Carta

 

Ecoagricultores!

As nenas e nenos de quinto de Belesar aproveitamos o precioso sol de inverno de onte para saír a plantar. Reutilizamos garrafas de plástico como macetas e

plantamos amorodos, leitugas e patacas. Que medren rápido, que hai fame!

A ver se coa chegada da primavera chegan novas sorpresas ó noso pequeno horto!

Alice´s Adventures

Saída ó teatro para ver a obra Alice´s Adventures (en lingua inglesa) e posterior visita á exposición " A vivir que son 100 anos". 29 de xaneiro de 2020.

Que ben o pasamos!

Loitando contra o plástico

O pasado xoves 9 de xaneiro, os alumnos de segundo e terceiro ciclo asistimos, en Vigo, á unha actividade sobre o plástico e os seus perigos. Aprendemos divertíndonos e, por se fora pouco, aínda nos quedou tempo para un paseíño pola cidade. Nós si que sabemos!

"Máscaras" e "Vixiados" triunfan no Concurso de Poesía Visual de Baiona

O bo facer dos alumnos de quinto e sexto tivo un merecido premio no Concurso Interescolar de Poesía Visual de Baiona. O poema "Máscaras", da clase de quinto de primaria, resultou gañador do concurso;  mentres que o poema "Vixiados", da clase de sexto, acadou unha meritoria mención de honra.

Onte, David Fernández, poeta visual e impulsor do concurso, e Óscar Carreño, Concelleiro de Educación, visitaron Belesar para facer entrega dos premios e felicitar ós rapaces e rapazas polo seu esforzo e implicación no proxecto.

En Belesar temos uns auténticos poetas visuais e ben orgullosos que estamos deles! Sorriso

O noso corazón: ese gran descoñecido

Este luns, Diego Fernández, o pai de Tomás, que é un excelente cardiólogo, veu a ensinarnos unha morea de cousas sobre o corazón e o aparello circulatorio. Arterias, aurículas, capilares, válvulas semilunares...canto nos queda por saber do noso querido corpo!

Moitas grazas Diego por vir, por ensinarnos dunha forma tan entretida e por todas as cousas chulas que nos mostraches!

  

  

Subida ó alto da Groba

O pasado venres 25 de outubro os alumnos de sexto, quinto, cuarto e segundo de primaria participamos na subida ó monte da Groba, coa guía do mestre Manolo, que nos ensinou e nos mostrou unha morea de cousas interesantes.

Aquí tedes un vídeo súper chulo do día, cortesía do profe Pablo. Que o gocedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut