Skip to Content

Primaria

FESTA DA AUGA 2016

Démola benvida a nosa festa da auga 2016, con variados xogos acúaticos moi divertidos e rematamos coa gran batalla de auga entre os rapaces e as rapazas e os mestres e as mestras. Que ben nos sentou e como desfrutamos desta molladura coa calor que fixo. Foi estupenda como sempre e pasámolo xenial!!!

CHARLA SOBRE PROTECCIÓN SOLAR

O venres 3 de xuño, visitóunos a nai de Álvaro e Marta que é farmacéutica para darnos unha charla sobre como debemos protexer a nosa pel agora que está a piques de chegar o verán. Foi moi interesante e moitas grazas polos agasallos Vanesa!!!

 

ARTS AND CRAFTS: CLAY MEDALS.

The primary students at CEIP Belesar made medals out of clay. They designed them, formed them and painted them.

 

EXHIBICIÓN ZUMBA 2016

EXHIBICIÓN ZUMBA 2016
Hoxe rematou a actividade extraescolar de Zumba e as nenas, xunto coa súa profe, fixeron unha exhibición para compañeiros, profes e familias.
Fixérono xenial!
Noraboa ás nenas e á profe e moitas grazas ao público asistente.

CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Dada a importancia desta temática, consideramos oportuno facer fincapé adicándolle dúas charlas en días diferentes, un día foi organizada pola Garda Civil co título "SI TE PEGA NO TE QUIERE" e outra organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona sobre "XÉNERO, ESTEREOTIPOS, XOGUETES E PUBLICIDADE SEXISTA...". Esperemos que nos serva para concienciar as novas xeracións sobre as actitudes de respeto e a igualdade entre os homes e as mulleres. Moitas grazas aos ponentes!!!

 

 

CHARLA DA "CRUZ ROJA"

 Que ben comezamos o mes de maio, unha enfermeira da "Cruz Roja" de Vigo déunos unha charla moi interesante e amena, onde nos orientou sobre os primeiros auxilios e levamos á práctica algunhas manobras que de seguro nos servirán para a nosa vida diaria. Canto aprendemos!!! Moitas grazas Clara.

CONVOCADAS AS AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DO ALUMNADO DE 3º e 6º DE PRIMARIA

RESOLUCIÓN DO 18 DE ABRIL DE 2016

A Consellería vén de publicar a Resolución do 18 de abril de 2016 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º e 6º curso de Educación Primaria.

As avaliacións individualizadas de 3º de educación primaria e de 6º de educación primaria teñen carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:

- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 

- Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º?

Qué avalía: o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Cándo se realizará: os días 24 e 25 de maio de 2016.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 6º?

Qué avalía: A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa.

Cándo se realizará: os días 11, 12 e 13 de maio de 2016.

Para máis información podedes visitar a WEB da Consellería de Educación.

MAXIA POTAXIA

O pasado xoves, 28 de abril, apareceu un Gran Mago no colexio que nos deixou abraiados cos seus trucos de maxia.

Moitas grazas polos sorrisos que nos sacaches!!!!

Distribuir contenido


by Dr. Radut