Skip to Content

Primaria

Finalistas no Concurso IV O Ollo de vidro

O alumnado de 1º e 2º de primaria participou no concurso O Ollo de Vidro que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística, a Biblioteca Neira Vilas xunto co Festival de Cans. Nós fixemos un video recomendando a lectura de Paio e o poder da música co alumnado de 1º e 2º.

Quedamos finalistas no concurso e o vindeiro mércores 22 de maio  ás 18.30 en Cans ( no Baixo de Bugarín) proxectarase o noso video e comunicaran os gañadores, asi como a entrega de premios.

Se queredes vir ao evento, comunicádenolo na escola o luns 20 .

Moitas grazas, moita sorte e Noraboa aos participantes.

ROBOTIZANDO BELESAR

As alumnas e alumnos de cuarto de primaria levamos un tempo descubrindo o divertida que é a robótica, primeiro xogando con kits de Lego e, máis tarde, comezando xa a xogar cos mbots. Pronto seremos uns ases!

Taller de cociña

Para finalizar o segundo trimestre con forza todo Primaria fixemos un taller de cociña, foi xenial!

 

 

Xogos tranquilos

Cando chove facemos os recreos no patio cuberto central, a maioría dos nenos xogan ao brilé, baloncesto, a facer piruetas, o pilla pilla...outros atopábanse máis perdidos. Para solucionar isto habilitamos tanto para Infantil como para Primaria a zona de biblioteca e informática para que vaian voluntariamente e xoguen alí a distintos xogos que teñen nunha estantería.

Hoxe foi a estrea da zona tranquila e foi todo un éxito, agora os nenos/as están desexando que chova!!!

Plantación

Onte os alumnos de 1º e 6º xuntáronse para facer a plantación dos seus futuros carballos e castiñeiros.

Día das bibliotecas

Onte no centro celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado de Primaria participou nunha gynkana de cine organizada polo equipo de biblioteca. Pasámolo xenial!

Xogos cooperativos

Comezamos o curso xogando e con moita ilusión! A por todas!

Festa da auga

O último día de cole celebramos a festa de auga e a verdade é que todos o pasamos xenial!

Excursión de fin de curso

O pasado mércores fomos de excursión de fin de curso a Santa Trega e ao parque de Pías pertencente ao concello de O Rosal. Tivemos un día moi bo e pasámolo xenial!

8th ENGLISH FESTIVAL

Last Tuesday we visited CEP Sabarís to join them and celebrate our 8th English Festival.

We had lots of fun singing and dancing. Then, we shared some snacks together and met new friends!!

If you click on this photo you can watch our performances.

 

O pasado martes visitamos o CEP Sabarís para celebrar xuntos o 8º Festival de Inglés. Pasámolo xenial cantando e bailando. Logo compartimos una merenda e fixemos novos/as amigos/as.

Se fas click nesta foto verás tódalas actuacións!!

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut