Skip to Content

E. Infantil

Chegou o Entroido a Belesar!

Aquí está o resumo do mellor da semana de Entroido! A disfrutalo e a gozar do noso Entroido!

Entroido 2020

Actuacións completas do festival de Entroido. Esperamos que vos gusten!

Os peixes visitan o colexio!

O xoves pasado viñeron Juan (o pai da nosa Sara de 3 anos), Baldo e Álex a falarlles ós nenos e nenas de Infantil e de 2º de Primaria sobre algún dos peixes que podemos atopar nas nosas mesas. Eran súper chulos e aprendemos moito!

 

Día da Paz 2020

Acto conmemorativo polo Día da Paz, 30-01-20. Que o disfrutedes!

 

Festival de Nadal

Un ano máis, os nenos e nenas de Belesar esforzáronse para ofrecernos o mellor festival de Nadal que se pode ver no Val MIñor. Debaixo queda o vídeo coas actuacións destes pequenos grandes artistas.

Grazas ós alumnos, as familias e os profes polo seu esforzo e colaboración! 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

 

A volta ó cole contra a leucemia infantil

Outro ano máis,  no colexio de Belesar, quixemos aportar o noso gran de area contra a loita da leucemia infantil, participando na volta ó colexio benéfica. Agradecemos a participación e entusiasmo dos alumnos, familias e profesores que contribuiron a que a actividade fora,  de novo, un éxito!

   

 

 

 

Festival de Samaín

O auténtico e inimitable festival de Samaín de Belesar.  Uns/unhas  artistaz@s!

Samaín/Halloween en Belesar

O mércores celebramos no cole o Samaín/Halloween con un obradoiro de cociña terrorífica para o alumnado de Infantil e distintos obradoiros para o alumnado de Primaria, pasámolo de medoooooo!

 

 

 

 

Vivindo con Dinosaurios

Aqui tedes a superproducción do alumnado de tres anos...Vivindo con dinosaurios!!

Semana Cultural 2019

Xa están aquí as actuacións enteiriñas da Semana Cultural. Disfrutade dos artistazas que temos no colexio e, xa sabedes, para o ano máis e mellor!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut