Skip to Content

1º Ciclo

Festival de Nadal

Un ano máis, os nenos e nenas de Belesar esforzáronse para ofrecernos o mellor festival de Nadal que se pode ver no Val MIñor. Debaixo queda o vídeo coas actuacións destes pequenos grandes artistas.

Grazas ós alumnos, as familias e os profes polo seu esforzo e colaboración! 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

 

A volta ó cole contra a leucemia infantil

Outro ano máis,  no colexio de Belesar, quixemos aportar o noso gran de area contra a loita da leucemia infantil, participando na volta ó colexio benéfica. Agradecemos a participación e entusiasmo dos alumnos, familias e profesores que contribuiron a que a actividade fora,  de novo, un éxito!

   

 

 

 

Festival de Samaín

O auténtico e inimitable festival de Samaín de Belesar.  Uns/unhas  artistaz@s!

Samaín/Halloween en Belesar

O mércores celebramos no cole o Samaín/Halloween con un obradoiro de cociña terrorífica para o alumnado de Infantil e distintos obradoiros para o alumnado de Primaria, pasámolo de medoooooo!

 

 

 

 

Semana Cultural 2019

Xa están aquí as actuacións enteiriñas da Semana Cultural. Disfrutade dos artistazas que temos no colexio e, xa sabedes, para o ano máis e mellor!

 

Karaoke de "Busca o máis vital"

Para ensaiar sen parar deixámosvos o karaoke da canción "Busca o máis vital" de "O libro da selva".

Grazas á profe Olalla pola letra!

Canción "Quero ser coma ti" con voz.

Unha vez máis, grazas ao traballo de Olalla, podemos disfrutar dunha versión profesional dun dos temas que imos cantar na obra de teatro de "O libro da selva": Quero ser coma ti.

Neste caso, a raíña mono Louie desexa dominar o lume porque é consciente da vantaxe evolutiva que lle daría.

Publicación do resparto de personaxes da obra de teatro "O libro da Selva"

Escoitados ós aspirantes e reunida a comisión de valoración artística decidimos e publicamos a asignación de personaxes para a obra teatral “O libro da selva”:

baloo

  • Narrador (Rudyard Kipling): Rodrigo
  • A Loba: Mara
  • A loba Aquila: Claudia
  • Lobiños: Diego e Saúl
  • O lobo Rama (pai): Kalani
  • A pantera Bagheera: Lucía
  • Mowgli: Noa
  • A serpe Kaa: GabrielR.
  • Elefante 1: Barreiro
  • Elefante 2: Leo
  • Elefante 3: Anxo Costas
  • Elefante 4: Piero
  • O coronel dos elefantes Hathi: Iker
  • O oso Baloo: Anxo Sotelo
  • Os monos: Manuel e Estífanos
  • A raíña mono Lovie: Laura
  • O tigre Shere Khan: David
  • A nena: Vera
  • Grupo Vocal (Cantantes): Simón, Iker, Mario, André, Iar, María, Uxía, Gael, Enma e Ana.

Belesar, 25 de Xaneiro de 2019

A comisión de valoración artística da obra
Paz, María, Ana Belén e Pablo.

Canción "O máis vital" de O libro da Selva

Almorzo saudable

Distribuir contido


by Dr. Radut