Skip to Content

Curso 2008 - 2009

Ramón Piñeiro

No cole de Belesar traballamos o autor ao que se lle adica as Letras galegas este ano 2009. Fixemos unha exposición coas caricaturas que os nenos e nenas debuxaron. En Belesar, Ramón Piñeiro vese deste xeito:

   
   

 

 

 

E.N.D.L. C.E.I.P. BELESAR

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 

 

Este ano o E.N.D.L. ten como tarefa promover o uso do galego para que os nenos/as acaden unhas competencias boas no noso idioma.  

 No estudio feito o ano pasado, os alumnos/as presentan un claro dominio do castelán, tanto na escrita como na fala, polo que será preciso reforzar a lingua galega, a súa dimensión en relación con contextos vivos, nas que o alumnado perciba a utilidade da lingua.

Este é un obxectivo de todos se queremos enriquecernos e posibilitar aos nosos nenos/as aumentar as súas competencias lingüísticas, perdurar as tradicións da nosa terra e darlles a posibilidade de sentir no idioma da súa terra.

Para elo temos que dotar o galego dun espazo no que eles se sintan cómodos/as e poidan expresarse sen temores.

Hai unha crenza de que non saben falar en galego, sen embargo non pasa o mesmo co castelán. Nós por vivir nunha comunidade bilingüe temos moitas expresións, utilizamos moi poucas veces os verbos compostos,..., que fan que non usemos un castelán normativo, pero isto non parece importar, sen embargo co galego si que aparecen temores.

A lingua é un instrumento do pobo, que serve para expresarnos e deberíamos perder o medo e utilizalo indistintamente.

O E.N.D.L propón diversas actividades este anoencamiñadas a reforzar o galego: a celebración de festas como o Samaín, oMagosto, o Entroido, semana das letras galegas, os Maios,..., concursosliterarios para motivar ao alumnado o gusto polos escritos en lingua galega, eun espazo no recuncho de normalización no que atopen xogos, sorteos einformación da nosa cultura.

Animádevos a participar e lembrade que unha visión afable, moderna e útil da lingua galega depende de todos nós!

 

 

 

OS XOGOS POPULARES

                                                                                                 UNHA PEQUENA HISTORIA

o outro día estabamos meus avós e máis eu vendo a televisión moi aburridos e sen dicirnos palabra.

j jQue aburrimento!!

De pronto díxenlles: 

- "¡ ¡que aburrimento!! ¿Por que non xogamos a algo?"

Eles contestáronme:

-"Vai á túa habitación e colle os teus xoguetes que tes moitos".

Respondinlles que estaba canso deles e que por que non me contaban a que xogaban cando non tiñan xoguetes.

Quedaron mirando un para o outro e dixeron:

-" ¡jDacordo! !".

Contáronme cando xogaban á billarda, ó truco, ó marro, ás bonecas de trapo, ás pelotas de papel, á unha anda a mula... e moitísimos máis, o que fixo que se emocionaran moito.

Cando nos demos conta pasaran as horas sen enterarnos.

Díxenlles:

-"Avós, encantaríame xogar cada día un pouquiño convosco a eses xogos tan marabillosos que non necesitan nin máquinas que fagan ruido, que se movan soas ou que teñas que darlle a un botón...."

E todo isto quero que sirva para que disfrutemos do que estamos aprendendo con este proxecto e exposición, ecos xogos que as nais, os pais, as avoas, os avós, familiares e profes ...nos ensinan.

                                ¡¡VIVAN OS XOGOS POPULARES!! 

A POESÍA NA AULA

 

Desde que nacemos somos palabras. Dórmennos e acúnannos con nanas cheas de palabras, aínda que descoñezamos a linguaxe verbal, cálmannos os llantos con palabras suaves; con cancións, adiviñas, poemas e retahílas ensinannos os números, as letras, os días da semana e o mundo que nos rodea. Ensínanos poemas na escola, oímos poemas na boca dos nosos pais...

Entrar no mundo da poesía é entrar na linguaxe máis estética, e dicir,as cousas da forma máis bella,é buscar sentimentos e emocións dentro de nós mesmos.

Os poemas imos compartilos cos nosos compañeiros, coa nosa familia para enchernos de palabras. Só necesitaremos un lapis e un papel ... todo o demais é maxia.

" Non importa que no poema o neno non entenda todo; Bastará que  se encha de son e de sentido. Xa chegará outro momento no que os versos e as estrofas prendidas na memoria o impulsen á lectura e á comprensión persoal. Os poemas aprendidos, as estructuras rítmicas, as imaxes, invitárono a expresarse unindo a súa vos á súa memoria, transformando e inventando palabras e coplas da súa propia creación "

                         

                                            Juan Ramón Jiménez Premio Nobel de Literatura

 

Mostra de poemas feitos por

Joaquín, Amaro e Belén de 6º: 

 

NENOS DE CHOIVA

Nenos de choiva,van ás apalpadas.

Nenos de choiva,fillos do sol.

Nenos de choiva,eternos vagantes.

Nenos de choiva,cheos de nubes.

Nenos de choiva,túzaros berros.

Nenos de choiva dos homes da corteza,

e dos campos do amor e da xusticia.

 

    

¡A CORRER! 

 Batallas?... de flores

¿Fusis?... de papel

¿Canóns?...de mentira

¿Pantasmas?...sen pés

¿Sustos?... de merengue

¿Beliscos?... de mel

¿Cadeas?... de nubes

¿Monstros?... ¡a correr!

  

OS DEZ CANS

Dez eran os cans

cruzando unha estrada.

A un doeulle o rabo

xa quedan nove.

A outro doeulle unha pata,

xa quedan oito.

A un doeulle o nariz,

xa quedan sete.

A outro doeulle un dente,

xa quedan seis.

A un doeulle a lengua,

xa quedan cinco.

A outro doeulle a orella,

xa quedan catro.

A un doeulle o cú,

xa quedan tres.

A outro doeulle o ollo,

xa quedan dous.

A outro doeulle a espalda,

xa queda un.

E o can máis listo

matouse a si mesmo.

 

ANDORIÑAS 

Vanse

vanse

as andoriñas,

voan

voan

sen parar,

na procura

doutras terras

máis aló,

aló do mar.

Todas xuntas,

pequechiñas.

Todas xuntas,

e da man.

Sucan ceos,

de colores.

Andoriñas de cristal.

  

MAREA

Marea azul,

alta marea,

marea que refresca,

marea que vai e ven,

alí e aquí.

Marea azul

todo é marea,

dende o sol ata lúa,

dende o día ata a noite.

Marea azul,

pillavana e

preguiceira,

cunha marea cada día.

 

 

         

Poemas feitos  por Alex e Carme:

ONDAS DO MAR

Onda de bruma,

fría de escuma.

Onda salgada,

bonita,delgada.

Onda maravillosa,

rosa ,fermosa.

ESTRELAS

Estrela que brila,

estrela que voa,

estrela que resoa.

estrela de aloumiño

coma os paxaros no niño.

  

 

CAMIÑOS

Camiños de andantes,

camiños de amantes,

de pedras namoradas

e de herbas molladas.

Camiño mareante,

camiño abraiante,

de frescas flores

por onde andan os amores.

Camiño de dulzura,

camiño de amargura,

non é como unha rúa de cidade

¡non a quero de verdade!

  

O CEO 

No ceo

da nube do vento

naceu un cantar

que foi parar o mar.

No ceo

da nube do val.

 

ACTIVIDADES DE NADAL 2008

 

 

FIN DE CURSO 2007 - 2008

 

 

ACTIVIDADES DE INFORMÁTICA

OBRADOIRO DE INFORMÁTICA

                     Abrimos aquí este este recuncho para que sirva de xanela na que se poidan ver os traballos en cernes dos rapaces na súa andadura polo mundo da aprendizaxe das novas tecnoloxías. Apelamos á benevolencia de todos os que vexades  estas obras que aínda que teñan algúns posibles erros ou pequen de sinxelos ou inxenuos teñen o engado de seren os primeiros froitos do esforzo dos nosos alumnos que aínda andan a explorar na inmensa selva dos programas informáticos, son os comezos de algo que endexamais saberemos en que rematará dada a evolución continua e rápida que está a experimentar a tecnoloxía.

                 Así pois, encetamos aquí unha táboa na que iremos inxerindo hipervínculos  ós traballos que vaian xurdindo e que pouco a pouco irá medrando.

   SITIO WEB SOBRE
 MÚSICA GALEGA
(Creado con FrontPage polos alumnos de 6º)

 

POWERPOINTS
SOBRE CONTOS INVENTADOS, VIAXES, ...
(Creados por 5º e 6º)

 

 

 

Teatro de contos

Que día tan especial! Na biblio organizaron moitas actividades. Tivemos o honor de presenciar un Teatro de Contos protagonizado por nais de Espazo Lectura. Que divertido foi!
Os grupos de infantil , 1º e 2º ciclo disfrutaron da xenialidade destas nais, que non só leron para todos, senón que tamén fixeron unha orixinal adaptación do conto Lobo Feroz.
Dende ese día o malvado Lobo, xa nos cae mellor! Noraboa Irene e Trini por ese traballo! Voltade pronto!
Para os maiores tivemos a entrega dos Gañadores do Concurso de Contos, que recibiron un libro de premio :houbo agasallos para todos os participantes.

ANPA

Asociación de Nais e Pais

 

Procuran recoller as inquedanzas das familias, fomentan a colaboración coa escola e a convivencia por medio de actos e actividades diversas. Colaboran nas festas de Nadal, Entroido e Fin de curso. Ó longo de todo o curso organizan as actividades extraescolares e xestionan o comedor escolar. Está formada por José Luis Valverde (presidente) Guadalupe Freire (secretaria), Ángela Norma Táboas (vicepresidente), Mª del Carmen Román (Tesoreira), Carmen Alonso, Emilia Giráldez, Mª Carmen Román, María Rodríguez, Mª del Carmen García e Begoña Domínguez.

Membros da ANPA
Os representantes da ANPA no Entroido
Membros da ANPA na festa do Día das Letras Galegas

ENTROIDO 2009 -3º CICLO

ESTE ANO ADICAMOS O ENTROIDO ÓS DISTINTOS PAÍSES EUROPEOS COS QUE ESTAMOS A REALIZAR O PROXECTO COMENIUS.

OS DE 3º CICLO DISFRAZÁRONSE DE VIKINGOS EN REPRESENTACIÓN DE DINAMARCA.

Distribuir contido


by Dr. Radut