O xoves pasado viñeron Juan (o pai da nosa Sara de 3 anos), Baldo e Álex a falarlles ós nenos e nenas de Infantil e de 2º de Primaria sobre algún dos peixes que podemos atopar nas nosas mesas. Eran súper chulos e aprendemos moito!
O pasado venres 25 de outubro os alumnos de sexto, quinto, cuarto e segundo de primaria participamos na subida ó monte da Groba, coa guía do mestre Manolo, que nos ensinou e nos mostrou unha morea de cousas interesantes.
Aquí tedes un vídeo súper chulo do día, cortesía do profe Pablo. Que o gocedes!
O apoio das familais é fundamental para o éxito escolar.
Hai unhas semanas pequeno vídeo sobre a descomposición dun número en diferentes decenas produceu un avance importante nas estratexias de cálculo do alumnado de primeiro.
Agora tócalle o turno á Suma ABN. Para isto deixámosvos un vídeo de 5min sobre o proceso. Este vai servir tanto para reforzar as explicacións na propia aula cando algún neno ou nena o precise, como para reforzar nas casas, sobre todo agora mesmo que están comezando a facelo.
A idea é que todos cheguen a dominar o proceso sen problema.
Unha vez máis, grazas ao traballo de Olalla, podemos disfrutar dunha versión profesional dun dos temas que imos cantar na obra de teatro de "O libro da selva": Quero ser coma ti.
Neste caso, a raíña mono Louie desexa dominar o lume porque é consciente da vantaxe evolutiva que lle daría.
Escoitados ós aspirantes e reunida a comisión de valoración artística decidimos e publicamos a asignación de personaxes para a obra teatral “O libro da selva”:
Narrador (Rudyard Kipling): Rodrigo
A Loba: Mara
A loba Aquila: Claudia
Lobiños: Diego e Saúl
O lobo Rama (pai): Kalani
A pantera Bagheera: Lucía
Mowgli: Noa
A serpe Kaa: GabrielR.
Elefante 1: Barreiro
Elefante 2: Leo
Elefante 3: Anxo Costas
Elefante 4: Piero
O coronel dos elefantes Hathi: Iker
O oso Baloo: Anxo Sotelo
Os monos: Manuel e Estífanos
A raíña mono Lovie: Laura
O tigre Shere Khan: David
A nena: Vera
Grupo Vocal (Cantantes): Simón, Iker, Mario, André, Iar, María, Uxía, Gael, Enma e Ana.
Belesar, 25 de Xaneiro de 2019
A comisión de valoración artística da obra Paz, María, Ana Belén e Pablo.