Skip to Content

Curso 2012 - 2013

Curso 2012-2013

ALMORZO SAUDABLE

O PASADO MES DE ABRIL OBTIBEMOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL... TRAS FACER UN FABULOSO TRABALLO SOBRE AS ALGAS, O CONCELLO DE BAIONA CONVIDOUNOS A GOZAR DUN ALMORZO SAUDABLE E DEUNOS UN PREMIO POLO TRABALLO TAN ELABORADO QUE PRESENTAMOS. FOI UN DÍA MOI COMPLETO!!!.

 

 

 

Certame Deseña unha xoia para a túa nai

Os alumnos e alumnas do noso colexio, participaron no certame "Deseña unha xoia para a túa nai" da man de Lucía, a súa mestra de Plástica.

O xurado da IV edición do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" escolleu o martes 9 de abril, os 80 debuxos finalistas do certame. Tivo que facer unha selección entre os 7.890 debuxos recibidos de toda Galicia para o concurso. Sabemos que traballaron varias horas e que a selección non lles resultou nada doada, porque os nenos e as nenas mandan propostas cada vez máis orixinais!

Darlle a noraboa a Laura Diego de 5º e a Gabriel Posa de 1º polos seus traballos, xa que son finalistas!!

As familias finalistas estades convidadas ao acto de entrega dos premios do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai, que terá lugar o martes 30 de abril, ás 19h, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia (avda. do Burgo das Nacións, s/n., en Santiago de Compostela).

Premendo aquí podedes acceder ás imaxes dos 80 debuxos seleccionados.

 

 

Panadeiros

 

Os nenos e nenas de 3 anos sesremos PANADEIROS

Clicade no título para descubrir as nosas experiencias na aula e pasalo tan ben como nós

Animádevos a participar!

Os cociñeiros

Os nenos e nenas de 5 anos, convertirémonos en COCIÑEIROS

CLicade no título para entrar no noso mundo cheo de sabores e olores.

A disfrutar!

Os pasteleiros

Os nenos e nenas de 4 anos seremos PASTELEIROS

Mmmmm cómo nos vamos a poñer. Disfrutade co proxecto e animádevos a participar con nós

Clicade no título e veredes as nosas aventuras

GUÍA ESCOLAR 2012 - 2013

NO SEGUINTE TRÍPTICO PODEDES VER OS ASPECTOS MÁIS SALIENTABLES DO PRESENTE CURSO 2012 - 2013

 

 

 

Actividades Conxuntas Ed Infantil Curso 2012-2013

BENVIDOS Ó NOVO CURSO ESCOLAR !

 

Este ano os nenos e nenas de infantil traballaremos un proxecto común sobre a COCIÑA. Seremos Panadeiros, Pasteleiros e Cociñeiros e realizaremos moitas e moi divertidas receitas creativas que, seguro, farán estar relaméndose a todos os nosos compañeir@s do cole.

E, xa sabedes, podedes participar no proxecto tod@s os que queirades. Nos estaremos encantados.

Clicade no título e descubriredes un montón de actividades onde o pasamos xenial

 

LETRAS GALEGAS 2009

Cartel Letras galegas 2009

Distribuir contido


by Dr. Radut