Skip to Content

3 Anos

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E PARA REMATAR O CURSO, TODOS OS NENOS/AS E TODOS OS PROFES DO COLE FOMOS DE EXCURSIÓN A TUI E AO MONTE ALOIA ONDE O PASAMOS XENIAL!!!

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

AQUÍ ESTÁN OS NENOS E AS NENAS QUE CUMPRIRON 5 ANOS NESTE 3º TRIMESTRE!! E QUÉDANOS POR FESTEXAR O CUMPREANOS DUN NENO QUE CUMPRE XUSTO O DÍA QUE REMATAN AS CLASES...

CINE BELESAR

O OUTRO DÍA CONVERTEMOS O COLE NUN CINE PARA PODER GOZAR DUNHA PELÍCULA QUE OS NENOS/AS ELIXIRON ENTRE 6. E PARA PODER CONSEGUIR A ENTRADA DE CINE TIVERON QUE FACER UN DEBUXO DA PELI QUE QUERÍAN VER E TROCALA. GOZARON UN MONTÓN!!

SAÍDA AO AUDITORIO DE BAIONA

O 31 DE MAIO FOMOS AO AUDITORIO DE BAIONA A VER A OBRA DE TEATRO "EL LIBRO DE LA SELVA" REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 1º E 2º, E O MUSICAL "BAI DE GREASE" PROTAGONIZADA POLO ALUMNADO DE 5º E 6º. ENCANTÁRONNOS!!!

DÍA DA FAMILIA

OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS FIXERON UN ROLO DE PELÍCULA MOI ESPECIAL PARA AS SÚAS FAMILIAS O 15 DE MAIO.

OS MAIOS

É PRIMAVERA E TOCOU CELEBRAR OS MAIOS NO COLE, E PARA ISO OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS FIXERON PULSEIRAS E ANEIS CON FLORES.
E ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE FIXERON UNHA ALFOMBRA DE CINE MOI COLORIDA.

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN VIAL

O 13 DE MAIO TIVEMOS NO COLE A VISITA DE 2 POLICÍAS ESPECIAIS, O PAPÁ E A TÍA DE ARES (4 ANOS) E DE ALMA (3 ANOS). FALARON SOBRE UN TEMA MOI IMPORTANTE COMO É A EDUCACIÓN VIAL, ENTRE OUTRAS COUSAS...
MOITAS GRAZAS DIEGO E RAQUEL!!

"GUYI GUYI"

O PASADO 3 DE MAIO DISFRUTAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO DE TÍTERES NA AFUNDACIÓN EN VIGO TITULADA "GUYI GUYI".
E APROVEITAMOS O RESTO DA MAÑÁ PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DE CASTRELOS.
QUE BEN O PASAMOS!!

VISITA Á BIBLIOTECA DE BAIONA

O 26 DE ABRIL FOMOS Á BIBLIOTECA DE BAIONA PARA DISFRUTAR DAS NOVAS INSTALACIÓNS, ESCOITAR E VISUALIZAR O CONTO "ELEFANTE COMELLÓN" E FACER OS CARNÉS DE BIBLIOTECA.
APROVEITAMOS A SAÍDA PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DA PALMA. PASÁMOLO XENIAL!!

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE

ESTOS SON OS NENOS E AS NENAS QUE CUMPRIRON 5 ANOS NO 2º TRIMESTRE. FANSE MAIORES!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut