Papá Noel, O Apalpador e os Reis Magos están desexando regalar libros! Pero precisan saber as vosas peticións. Nós deixámosvos unha serie de recomendacións para que teñades en conta na vosa carta.
Blog da Biblioteca do CEIP de Belesar
Aquí están as MOCHILAS VIAXEIRAS!
Xa comezaron a súa viaxe polas casas as mochilas viaxeiras de Belesar.
Agardamos que enchan as vosas tardes de lecturas compartidas e vos permitan desfrutar de fantásticas viaxes en familia.
No cole queremos velo! Así que recordade escribir nos cadernos que levan dentro!
Proceso de recolocación de fondos
Estamos a enfocar o traballo de recolocación de fondos como unha cadea de montaxe. Os libros van pasando por diferentes caixas e en cada unha de elas hai que aplicarlle algunha modificación. É un proceso algo complexo pero que confiamos nos vaia a funcionar!
Deixámosvos o documento que estamos a utilizar como guía do proceso por si fora do voso interese!
Saúdos!
Adjunto | Tamaño |
---|---|
20191000_PROCESO_recatalogacion-v03.pdf | 54.63 KB |
Comezamos aventura!
Este vai ser un curso moi especial. No colexio decidimos recolocar tódolos libros da biblioteca para adaptar a súa catalogación á CDU simplificada proposta por Bibliotecas Escolares, diferenciar por competencia lectora e engadir palabras clave (materias) a cada libro para facilitar a súa posterior busca.
É un traballo inxente que non sabemos ben cando rematará!
Deixámosvos os detalles no documento publicado en: "Proceso de recolocación de fondos"
Paio e Aurelio saúdan ao cole
Premios BIBLIOTECA
O pasado venres acudimos todos á entrega dos Premios da Biblioteca. Algunhas clases estiveron moi reñidas e ata houbo que facer desempates , pero outras ... tiveron pouca colaboración este ano
Agardamos que o vindeiro curso estemos máis animados a participar nesta actividade ;)
De tódolos xeitos , os participantes levaron coma agasallo uns marcapáxinas e unhas chapas moi molonas das autoras traballadas
CONCERTO A BANDA DOS CUEIROS
O venres día 16 de Xuño ás sete da tarde , A Banda dos Cueiros , ofrercerá un concerto no Parque das Ánimas , en Gondomar que serverá de presentación do sec libro/cd
Estades todos convidados
SOMOS IGUAIS
O pasado xoves achegóuse ata o noso Colexio Raquel Queizás co seu último traballo "SOMOS IGUAIS" O espectáculo vai facendo un roteiro entre diversos contos , algúns deles ben coñecidos por nós coma o de Arthur e Clementina que nos fan reflexionar sobre o papel das mulleres e sobre a Igualdade. Desfrutamos moitísimo con ela que , en todo momento, fixo partícipe das súas historias tanto a nenos coma a profes
Desexando que volvas , recolle un bico ben grande de todos nós