Skip to Content

2º Ciclo

Loitando contra o plástico

O pasado xoves 9 de xaneiro, os alumnos de segundo e terceiro ciclo asistimos, en Vigo, á unha actividade sobre o plástico e os seus perigos. Aprendemos divertíndonos e, por se fora pouco, aínda nos quedou tempo para un paseíño pola cidade. Nós si que sabemos!

Festival de Nadal

Un ano máis, os nenos e nenas de Belesar esforzáronse para ofrecernos o mellor festival de Nadal que se pode ver no Val MIñor. Debaixo queda o vídeo coas actuacións destes pequenos grandes artistas.

Grazas ós alumnos, as familias e os profes polo seu esforzo e colaboración! 

Bo Nadal e feliz Aninovo!

 

A volta ó cole contra a leucemia infantil

Outro ano máis,  no colexio de Belesar, quixemos aportar o noso gran de area contra a loita da leucemia infantil, participando na volta ó colexio benéfica. Agradecemos a participación e entusiasmo dos alumnos, familias e profesores que contribuiron a que a actividade fora,  de novo, un éxito!

   

 

 

 

Festival de Samaín

O auténtico e inimitable festival de Samaín de Belesar.  Uns/unhas  artistaz@s!

Subida ó alto da Groba

O pasado venres 25 de outubro os alumnos de sexto, quinto, cuarto e segundo de primaria participamos na subida ó monte da Groba, coa guía do mestre Manolo, que nos ensinou e nos mostrou unha morea de cousas interesantes.

Aquí tedes un vídeo súper chulo do día, cortesía do profe Pablo. Que o gocedes!

Samaín/Halloween en Belesar

O mércores celebramos no cole o Samaín/Halloween con un obradoiro de cociña terrorífica para o alumnado de Infantil e distintos obradoiros para o alumnado de Primaria, pasámolo de medoooooo!

 

 

 

 

Semana Cultural 2019

Xa están aquí as actuacións enteiriñas da Semana Cultural. Disfrutade dos artistazas que temos no colexio e, xa sabedes, para o ano máis e mellor!

 

Recycling

Dentro do seu proxecta "Natureza no camiño" o alumnado de 3º de primaria na aula de Inglés traballou a reciclaxe e foi visitando as distintas aulas ensinándolles unha divertida canción!

Lume no camiño. 4º de Primaria

Dentro do seu plan Proxecta Lume no camiño o alumnado de 4º de primaria traballou arreo e aprendeu unha morea de cousas. Velaquí unha mostra:

 

 

Almorzos saudables

O pasado xoves os nenos e nenas de 3º e 4º disfrutaron dun almorzo mais que saudable...viñeron encantados!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut