![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image002.jpg)
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image004.jpg)
![http://www.grietaeditorial.com/wp-content/uploads/2015/11/1305583203_850215_0000000000_sumario_normal.jpg](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image006.jpg)
rosalía
de castro
Naceu o 24 de febreiro do 1837 en Santiago de Compostela, sendo o seu nome completo María Rosalía Rita de Castro. Rosalía era filla de nai solteira, quedando o coidado dunhas tías paternas nos primeiros anos de vida; cando conta con 5 anos de idade xa vive coa súa nai en Padrón.
Ademais da súa paixón pola literatura, mostrou inclinación polas artes (a música, a declamación e o debuxo). Dende a adolescencia participa nas actividades culturais do "Liceo de la Juventud de Santiago". Destaca como actriz en diferentes obras teatrais.
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image008.jpg)
Con 19 anos viaxa a Madrid. Residirá na casa da súa tía materna. En 1857 publica o seu primeiro libro, o poemario "La Flor".
Un ano despois casará co escritor e historiador galeguista Manuel Murguía,
co que terá sete fillos o longo da súa vida (morre un fillo dun ano e medio
nun accidente doméstico e a derradeira filla nacerá morta).
No 1859 escribe a primeira novela "La hija del mar" e nace a súa primeira filla.
Despois de morrer a súa nai, no ano 1863 publica "A mi madre" e "Cantares Gallegos", primeiro libro integramente en galego no que reivindica a dignidade da cultura, lingua e paisaxe de Galicia e que marca o inicio e punto de partida do denominado Rexurdimento.
Outros títulos poéticos relevantes son "En las orillas del Sar" (1884) e "Follas Novas" (1880). Son destacables tamén as novelas "Ruinas" , El caballero de las botas azules", "Flavio" ou "El primer loco".
Durante a súa vida reside en diversos lugares da xeografía española o que a fai coñecedora da cultura rural e defensora dos homes e mulleres labregos.
O que destacou na obra de esta escritora e poetisa foi que escribiu tanto en castelán coma en galego (facendo renacer esta lingua), sempre enmarcada no romanticismo e destacando a temática do seu sentir galego e a súa preocupación social.
Foi pioneira na loita pola emancipación e liberdade da muller. Librepensadora.
Rosalía contaba cunha feble saúde e morre en Padrón no ano 1885.
|
|
Homenaxe dunha aeroliña Noruega polos valores que reúne Rosalía: impulsou e recuperou o galego como lingua. Pioneira na loita pola liberdade da muller e dos desvalidos.
|
|
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image010.jpg)
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image012.jpg)
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image014.jpg)
![](file:///C:/Users/CEIPBE~1/AppData/Local/Temp/msohtmlclip1/01/clip_image016.jpg)