Skip to Content

Curso 2009 - 2010

Iniciación á gaita galega

Vera, Xaime e Alba de 3º xunto con Andrea e Moisés de 4º estiveron este curso asistindo a actividade extraescolar de iniciación na gaita galega e xa saben tocar algunhas cancións tradicionais galegas coa frauta. Por eso o seu profesor Xaime Estévez tivo a xentileza de facernos unha marabillosa actuación no colexio. Grazas, Xaime! Noraboa ós futuros gaiteiros!

TEATRO INTERCENTROS

O venres, 7 de maio, estivemos a disfrutar da representación teatral "El monstruo peludo" feita polos nenos do colexio do Chouzo de Vigo. Algún dos de infantil mesmo colleu algo de medo pero todos rematamos deleitándonos co espectáculo teatral.

 

Unha presentación estelar do Universo

A "profe" María fixo unha presentación marabillosa do noso Universo, haber se sodes quen de vela no seguinte enlace:

 

Se non és quen de ve-la presentación descarga o visor de PowerPoint pinchando AQUÍ

RECITAL POÉTICO NA SOMBRA

Disfrutamos da poesía que crearon algúns e dos poemas de sempre.Lembramos a Miguel Hernández no centenario do seu nacemento.

Andabamos protexidos pola intimidade que concede a penumbra poética.

A ARRIBADA

Os alumnnos de 1º, 2º , 3º e 4º fomos na procura dun tesouro, seguindo pistas nos distintos monumentos chegamos a conquerir o nos tesouro : O coñecemto do motivo polo que se celebra a festa da Arribada en Baiona. Tamén saimos na prensa aquí tedes un recorte do "Atlantico", se pinchades nel podedes ver unha galería de fotos.

Arribamos en Baiona!!

Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo e as súas mestras percorreron o venres 5 de marzo os monumentos da Arribada para festexar o inicio da festa da vila.Iniciaron cun xogo de pistas presentado por Martín Alonso. Visitaron a carabela, o monumento dos tres mundos, o pozo da aguada, os azulexos cos percorridos das carabelas e remataron na estatua de Pinzón onde atoparon un tesouro agochado.Mais tarde foron ao concello onde xogaron ao corro. Despois lles explicaron o xeito de facer as redes artesanalmente e ensináronlles a exposición de navios.Ali estaba a concelleria de educación e o alcalde da Vila que recibiron a esta comitiva. Remataron comendo ñoclos de Pinzón, doces típicos da arribada, que teñen o poder de volver a  xente máis amable e agarimosa.


Belesar achegouse a arribada!!!


 


 


















 Escoitamos a Pinzón  
   
   
   
   

   


 

Entroido Belesar

   

ACTUACIÓNS DO 2º CICLO NO FESTIVAL DE NADAL 2009

Os de 3º, xa que andan a traballar a cor vermella, viñeron vestidos con esa cor para lembrarnos un xogo tradicional: "A media volta", no que hai que andar buscando amor. Os de 4º deleitáronnos coas súas percusións corporais ó unísono.

 

O 3º CICLO NO FESTIVAL DE NADAL

No festival de Nadal os de 6º peneiránronse en inglés e os de 5º manexaron con habilidade os instrumentos de música.

ACTUACIÓNS DO 1º CICLO NO FESTIVAL DE NADAL

 Os nenOs de 1º e 2º tiveron que loitar contra o mal tempo para facerse escoitar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut