Skip to Content

Curso 2011 - 2012

Lim " Descubrimo el arte"

Con motivo del proyecto del Arte que este año hemos realizado en Ed Infantil hemos elaborado unas actividades interactivas para que los peques se diviertan y aprendan nuevas cosas.

Premios Valentín Paz Andrade

Os alumnos e alumnas de Belesar estiveron unha semana resolvendo diversas preguntas sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012. Preguntaron sobre a súa vida, obra e indigaron sobre o escritor que defendeu o noso idioma. Agasallamos aos participantes polo traballo ben feito!! Noraboa!!


Martes de actividades

Outro día máis cheo de actividades en Manzaneda. Espertamos un pouco máis fatigados que onte e despois do almorzo comezamos as actividades. Xogos populares e baseball encheron a mañá. Despois de xantar, sumerxímonos na piscina e para os que non quixeron zambullirse houbo unhas partidas de tenis e futbol/tenis. Logo continuamos con cabalos onde os nosos nenos e nenas demostraron o arte que posúen nestas tarefas. Pola noite, un pouco nerviosos coa velada de discoteca cos demáis coles, na que puidemos bailar e bailar a todos os ritmos. Comezarón as disfonías, as penas por marchar...nótase que mañá xa partimos para Belesar. Pola mañá faremos actividades, xantaremos aqui e logo partiremos hacia Baiona, facendo antes unha parada de merenda na Cañiza. Chegaremos sobre ás 19.30.


2º dia na Montaña

Despois dunha noite de friiiiioooo, chegou a maña soledada. Dividímonos en grupos e fixemos escalada e Karts. Despois de comer xogamos a xogos populares e orientación ata a hora da piscina. Xuntámonos con coles de outras localidades para facer unha velada nocturna con personaxes que aparecían polo bosque ata rematar cunha maravillosa marcha nocturna na que puidemos escoitar ouvear aos lobos destas terras!!!


Diario de Manzaneda

Chegamos a Manzaneda despois de tanto tempo esperando este final de curso, este final de etapa. Notamos o  frío da montaña, pero ainda así ao chegar sumerxíronse na piscina climatizada. Despois da cea tivemos unha velada no que por grupos fixeron disintos xogos. Intentaremos descansar  que mañá é un día moi longo!!!


A maxia de Susa Herrera no cole

O cole de Belesar tivo unha visita moi especial. Susa Herrera compartíu unha mañá con nós, na que puidemos disfrutar da súa voz, da súa actuación e do seu encanto. A través dos seus relatos, esta escritora e compositora de libros tan marabillosos como Todos os animais ao caixón, Animais encantadores, Cartas que veñen e van... trasladounos á fauna dos seus animaliños. Moitas grazas por esta mañá máxica!


Chega o Entroido a Belesar

 

Cross val Miñor 2012

Este domingo tivemos unha xornada de participación no Cross escolar Val Miñor. Os nosos alumnos e alumnas chegaron cargados de enerxía e correron ata chegar á meta. Foi un domingo de orgullo pola participación tan entusiasta do alumnado e das súas familias. Moitas grazas e noraboa a todos, sodes uns campións!!!


UN OBRADOIRO SOBRE BAIONA

OS MONITORES DOS OBRADOIROS DO CONCELLO VIÑERON A FALARNOS DE BAIONA DA SÚA HISTORIA E DOS SEUS MONUMENTOS.

Curso 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut