Skip to Content

Curso 2011 - 2012

CELEBRACIÓN DOS MAIOS E DAS LETRAS GALEGAS

VISITA ESCOLAR: CONCERTO DE MÚSICA POPULAR GALEGA E MUSEO LISTE

Os alumnos de 2º, 3º e 4º foron a escoitar no Auditorio de Caixanova un concerto didáctico de música popular galega a cargo dos Gaiteiros da Xistra. Logo, foron ó Museo Etnográfico Liste, onde aprenderon a facer música con instrumentos caseiros e ademais viron algunhas das antigas maneiras de vestirse e calzarse, sen contar os nosos fabulosos trasnos.


 


5º DE PRIMARIA

OS DE 5º CANTARON A PANXOLIÑA "NAQUEL DESTARTALADO PENDELLO"

4º DE PRIMARIA

OS DE CUARTO FORON CAPACES DE VOAR A BELÉN A PESARES DA AUSENCIA DOS CONTROLADORES...

3º DE PRIMARIA

OS DE 3º ESTIVERON PETANDO PARA QUE LLES ABRIRAN AS PORTAS.

2º DE PRIMARIA

OS DE SEGUNDO PERDERON A PAPÁ NOEL E ANDAN NA SÚA PROCURA.

1º DE PRIMARIA

Os de 1º cantaron a panxoliña "Mi burrito es habanero" con pintas de mexicanos auténticos.

PANXOLIÑA DOS DE E. INFANTIL

Os pequenos de Infantil interpretaron, no festival de Nadal deste ano, a panxoliña "Imos a Belén" acompañados instrumentalmente polos maiores de 6º.

"ROUBO NO TEATRO"

SEICA TEÑEN XA DETIDOS OS LADRÓNS GRAZAS ÁS CÁMARAS DE SEGURIDADE QUE REXISTRARON CON TODO DETALLE ESTE LATROCINIO

Mares e mareas inundan Belesar

Hoxe Belesar inundouse de auga, salgada e doce e grazas a visita de dous encantadores científicos do Instituto oceanográfico de Vigo, os nenos e nenas souberon algo máis da ciencia mariña. Da mán de Bob esponxa, Patricio...coñeceron os seres vivos mariños, o porqué das mareas, os ciclos do auga e fixeron un experimento de moito colorido.


Grazas Kiko, Nico e Luisa!!


 




Distribuir contido


by Dr. Radut