Skip to Content

Actividades

Segundo obradoiro "Camiñando pola Prehistoria"

Xa podedes ver os vídeos do segundo obradoiro da Prehistoria onde levamos a cabo unha morea de actividades onde nenas, nenos e maiores aprendemos moitísimas cousas!

Programa piloto do Magazine de Belesar a cargo do equipo docente

No CEIP Plurilíngüe de Belesar estamos a implementar a radio como ferramenta educativa para favorecer os procesos comunicativos. Neste marco, realizamos esta proba piloto nunha xornada de formación.

Primeiro día de cole

O noso primeiro día de cole foi xenial, se non estiveches para velo aquí deixamos un vídeo resumo!

Feliz curso 2022/2023!

 

non vos asustedes!!

balooEstamos a preparar a nosa biblioteca para poder poñela en funcionamento canto antes.

Actualmente seguimos co proceso de recatalogación. A pesares, de estar pechada ao público, esperamos poder levar a cabo actividades para dinamizar a nos a biblioteca, durante o curso.

O noso colexio vai medrando, e por iso vemos a necesidade de ampliar o espazo adicado a albergar a biblioteca, polo que a nosa biblioteca vai ser unn espazo aberto onde daremos vida aos nosos corredores. Iremos informando de todas as novidades.

ESPERAMOS POÑELA EN MARCHA CANTO ANTES.

Aquí están as MOCHILAS VIAXEIRAS!

Xa comezaron a súa viaxe polas casas as mochilas viaxeiras de Belesar.

Agardamos que enchan as vosas tardes de lecturas compartidas e vos permitan desfrutar de fantásticas viaxes en familia.

No cole queremos velo! Así que recordade escribir nos cadernos que levan dentro!

mochilas viaxeiras 2019

Proceso de recolocación de fondos

Estamos a enfocar o traballo de recolocación de fondos como unha cadea de montaxe. Os libros van pasando por diferentes caixas e en cada unha de elas hai que aplicarlle algunha modificación. É un proceso algo complexo pero que confiamos nos vaia a funcionar!

Deixámosvos o documento que estamos a utilizar como guía do proceso por si fora do voso interese!

Saúdos!

biblio

Comezamos aventura!

Este vai ser un curso moi especial. No colexio decidimos recolocar tódolos libros da biblioteca para adaptar a súa catalogación á CDU simplificada proposta por Bibliotecas Escolares, diferenciar por competencia lectora e engadir palabras clave (materias) a cada libro para facilitar a súa posterior busca.

É un traballo inxente que non sabemos ben cando rematará! 

Deixámosvos os detalles no documento publicado en: "Proceso de recolocación de fondos"

BIBLIO

BIBLIO

BIBLIO

Premios BIBLIOTECA

O pasado venres acudimos todos á entrega dos Premios da Biblioteca. Algunhas clases estiveron moi reñidas e ata houbo que facer desempates , pero outras ... tiveron pouca colaboración este ano

Agardamos que o vindeiro curso estemos máis animados a participar nesta actividade ;)

De tódolos xeitos , os participantes levaron coma agasallo uns marcapáxinas e unhas chapas moi molonas das autoras traballadas

 

 

 

APADRINAMENTOS LECTORES

Hoxe , na hora de ler, comenzaron os apadrinamentos lectores un ano máis. Aproveitamos o solciño e saímos fóra a desfrutar do pracer da lectura ao aire libre. Neste caso , os nenos e nenas de Primeiro serán afillados do alumnado de cuarto 

 

 

 

SOMOS IGUAIS

O pasado xoves achegóuse ata o noso Colexio Raquel Queizás co seu último traballo "SOMOS IGUAIS" O espectáculo vai facendo un roteiro entre diversos contos , algúns deles ben coñecidos por nós coma o de Arthur e Clementina que nos fan reflexionar sobre o papel das mulleres e sobre a Igualdade. Desfrutamos moitísimo con ela que , en todo momento, fixo partícipe das súas historias tanto a nenos coma a profes

Desexando que volvas , recolle un bico ben grande de todos nós

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut