Hoxe para festexar a chegada do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de primaria deleitounos co contacontos do libro Antón e o Apalpador da editorial Barafunda, conto escrito por Manuel castro Lima e Mº Del Mar Ameixeiras. Nela narra as pericipecias de Antón cando vai de visita ao Courel a ver a súa madriña Mariña.
O mes de novembro estivo cargado de poesia no Ceip Belesar. O alumnado de 5 e 6 de Primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro co poeta David Fernández Rivera, onde nos abríu a porta a poesia visual e caligramas. O vindeiro luns 10 de decembro, acudiremos a inauguración dunha poesia visual súa no Concello de Baiona e presentaremos as obras conxuntas que fixemos nas aulas.
Durante estos días, o cole de Belesar transformouse nun escenario de medo, onde o alumnado de 5º e 6º de primaria rodou unha curta para festexar Samain. No guión, escrito por Cecilia e Carlota, os alumnos e alumnas maiores terán que averiguar que pasa no cole.
Trememos coas suas actuacións!
Aquí tedes o trailer e ao longo da mañá faremos a estrea da curta.
Hoxe puidemos asistir co alumnado de 5º e 6º de primaria á representación da obra " Dos contos as contas" en Vigo e despois gozamos coa exposición de fotografías Terras de salitre de Cristina Mittermeier, onde nos mostrou o estreito vinculo que temos co mar.
O pasado venres 8 de xuño estreamos no auditorio V centenario de Baiona o noso musical "Facendo Camiño". Polo mañá actuamos para o noso centro e o CPI Cova Terreña e pola tarde estaba aberto a todos os públicos cunha recadación voluntaria a asociación de animais Bai sen Pulgas.
Queremos dar as grazas ao Concello de Baiona por prestarnos as instalacións do auditorio para facer o musical, o persoal que nos atendeu pola súa colaboración; a todos os que acudíchedes pola tarde, GRAZAS, por todo o voso apoio, fóchedes un público moi agradecido, así da gusto!
Ademais gustaríanos dicirvos que dende a asociación protectora Bai sen Pulgas nos informaron que esa tarde se recaudaron 223€. Grazas a eles tamén porque unha semana despois recibimos no centro unha recopilación de fotos do evento e unha foto grupal dos nosos actores que merece un bonito marco.
Sen mais, vos deixamos o vídeo do musical, esperamos que o disfrutedes tanto como o disfrutamos nós!