Durante este curso escolar no centro estamos traballando tres proxectos distintos, a súa vez relacionados co tema do Camiño de Santiago. Os alumnos de Infantil traballan "Os animais do camiño"; os nen@s de 1º, 2º e 3º " Árbores do camiño" e os de 4º, 5º e 6º "Lume no camiño".
A partir deste trimestre cada grupo traballará distintas actividades para facerse expertos no seu tema e así a final de curso poder ensinar ao resto dos cursos todo o que aprenderon.
Este pasado venres os alumnos de 4º, 5º e 6º tivemos unha charla organizada polo Centro de Interpretación do Monte Aloia, na que Juanjo, un forestal, nos ensinou unha morea de datos, fotos e información acerca dos incendios. Os nen@s estiveron moi atentos, tomando nota e resolveron moitísimas dúbidas.