Skip to Content

3º Ciclo

PREPARAMOS A ARRIBADA.

O alumnado de 6º de Primaria interpreta unha cantiga medieval de Santa María, atribuida a Alfonso X.

Santa María, Estrela do día.

 

TEATRO CEE SALADINO CORTIZO

O pasado luns, 25 de maio, recibimos aos actores e actrices do CEE Saladino Cortizo que representaron a súa obra de Caperucita no colexio.
Pasámolo moi ben. Moitas grazas pola visita.

 

REPRESENTACIÓN DO MUSICAL "AS FORZAS DA VIDA" EN BELESAR.

O pasado xoves 21 de maio, por fin puidemos desfrutar do musical tan esperado “AS FORZAS DA VIDA”. Ademais de para o alumnado do colexio, os nosos actores e actrices actuaron para o alumnado do Colexio Juan María que viñeron de visita e compartiron a merenda con eles.

Fixérono moi ben!

 

Lembrade que se queredes volver a ver a obra, mañá, xoves 28 de maio, ás 16:30h,  actuarán pola tarde na sala de usos múltiples do cole. Animádevos a vir!

 

Saimos na TVG

Concurso Patrimonio de mi comunidad

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Belesar de Baiona, participa nun concurso nacional sobre o patrimonio da cada Comunidade. Na convocatoria tiñan que escoller un dos bens declarados Patrimonio Mundial da súa comunidade ou algún aloxamento e Albergues da REAJ e facer un vídeo sobre ela.

 En Galicia puidemos escoller entre a cidade vella de Santiago, a Torre de Hércules, a muralla de Lugo ou o Camiño de Santiago. Escollemos o Camiño, xa que a ruta portuguesa da costa  pasa polo noso concello de Baiona. Fixemos tramos da ruta que discorre polos montes de Baredo, rúas do casco histórico de Baiona, Santa Cristina, a calzada real, as pontes de Sabarís e a ponte románica de A Ramallosa.

No vídeo quixemos reflectir que o camiño para nós é como a vida, chea de momentos que podes que compartir con xente, con momentos difíciles nas que agradecerás unha man que te axude, palabras ou frechas que te orientarán cando non saibas o rumbo, pasos que pouco a pouco te van levando cara onde ti queiras. Cada etapa unha oportunidade de crecer.

O alumnado de Belesar gozou co camiño, e gravando o vídeo, no que levaron tamén traxes tradicionais galegos. Gravamos nos exteriores do Albergue Xuvenil Altamar de Vigo, xa que é o mais próximo a nosa localidade. Editamos o vídeo e o mandamos a Reaj.

Agora desde o hoxe venres 17 de abril ata o luns 4 de maio haberá unha votación e o colexio que máis votos consiga, logrará a máxima puntuación neste apartado.

O premio é 5000 euros para organizar unha viaxe de fin de curso co alumnado a un dos lugares do Patrimonio Mundial da Unesco.

Precisamos da vosa colaboración para que o colexio de Belesar, representante da Comunidade Galega e do Camiño de Santiago, supere en votos aos outros tres coles da península.

Un pasiño cada día , con cada un dos votos.

Pódese votar todos os días polo móbil, tablet, ordenador,…,

O enderezo é:

http://reaj.com/patrimoniocolegios.html

Tamén pode ser a través da páxina da Reaj, no apartado de colexios.

Animádevos e compartideo cos vosos contactos!

 

Excursión a A Coruña

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Belesar puideron gozar dunha xornada cos compañeiros e compañeiras do Cova Terreña, onde visitamos a cidade de A Coruña, o Acuario, o Domus e a Torre de Hércules...

Pasámolo moi ben!

OBRADOIRO DE GANCHILLO E BOLSAS DE PLÁSTICO (15-12-14)

 

 

O ANPA organizou un obradoiro para que o alumnado de 5º e 6º puidese aprender a facer bolsiños de ganchillo con bolsas de plástico. Foi moi interesante, pero aínda temos que perfeccionar a cadeneta na casa para poder crear os nosos propios bolsos…

              

En busca dos petroglifos

O alumnado de 5º e 6º de Primaria percorreu A Groba e puido descubrir  o xacemento arqueolóxico do Outeiro dos Lameiros. Alí viron os petroglifos e cunha técnica de carboncillo, puideron debuxar os gravados de roca.

Final do Musical Val Miñor- Belesar , historia e cronoloxia de 25 anos

Despois dun ano de traballo rematamos as actuacións do Musical Val Miñor- Belesar , historia e cronoloxia de 25 anos. Fixemos pases no cole de Belesar, na mostra de teatro de Vigo, no cole Lope de Vega de Vigo e nas I Xornadas de Teatro de Baiona. Grazas aos nenos e nenas polo traballo e por desfrutar do teatro e da múscia. Fixéstedes emocionarnos coas vosas voces e pola maxia que poñedes en cada actuación.

Os vosos mestres e Olalla e Paz que estiveron ao voso caron todo o tempo estamos moi orgullosos do voso traballo.

Noraboa!

Distribuir contenido


by Dr. Radut