Blogues

Multixogos

 

MULTIXOGOS

A principios deste ano os coordinadores do programa Xogade convocáronnos para organizar xornadas MULTIXOGOS cos centros da zona. O alumnado da Pedra tocounos reunirnos cos do Ceip de Espiñeira e cos do Ceip de Montemogos. A xornada celebrouse o luns pasado en Aldán e nada máis chegar organizámonos por grupos mixtos de idade e de colexios. Había 8 equipos con nomes elexidos por tódolos centros:  Invencibles, Queixos, Golfiñxs, Trasnxs, Gatiñxs, Matapiollos, Cachalotes e Pingüíns. A xornada constaba de tres partes: presentación e primeira quenda de xogos, descanso para merendar, segunda quenda de xogos e remata con despedida. Pasámolo xenial, coñecemos a nenxs doutros centros e compartimos experiencias e mogollón de xogos divertidos .  Grazas o Ceip de Espiñeira pola súa acollida. Apuntámolo para o ano que ven podelo REPETIR.

8 DE MARZO: CON A DE ASTRÓNOMAS. VISITA AO MUSEO MASSÓ DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

O alumnado cuarto baixamos ao Museo Massó para conmemorar o día da muller.

Asistimos ao obradoiro didáctico "Con A de astrónomas" no que se aborda a achega de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas.  

Dende Hipatia de Alexandría no século IV, Fátima Madrid no século XI ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard, as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Contáronnos do inxustamente que foron tratadas pola  Historia, na que son sempre os homes os que levan os méritos de todos os logros. 

Construímos un planisferio celeste  e agora podemos saber que constelacións se poden ver en cada momento do ano e en cada hora. Encantounos!

Fixemos tamén un recorrido polas salas do museo, que aínda que moitxs xa as coñeciamos, David, o noso guía dounos unha visión feminista  do que viamos, recoñecendo a importancia das mulleres na antiga conserveira e sobre todo o trato discriminatorio que sufrían.

GRAZAS GABRIELA, XISELA, GRACIELA E DAVID! 

VÍDEO DA VISITA

 

 

A de Astrónomas

Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!

Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.

 

TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO

O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.

Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!

Unha mañá moi instrutiva e divertida.

 

PLAN DE IGUALDADE

PXA 23-24

Plan xeral de atención á diversidade

De acordo coa orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, é un documento que pon en valor a autonomía de cada centro docente e o seu compromiso coa atención a cada unha das súas alumnas e a cada un dos seus alumnos, no seu propio contexto e dentro dos principios de calidade, equidade e inclusión.

Pódese consultar no seguinte adxunto.

Plan Dixital

De acordo coa Resolución do 3 de setembro do 2021, da Secretaría xeneral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación del Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustroe será elevado como informe ao Consello Social.

Podes consultar o Plan Dixital na seguinte ligazón.

Plan Dixital 23-24

Plan de Convivencia

O Plan de Convivencia recolle a situación actual de convivencia do Centro. Este documento propociona obxectivos, actuacións para mellorar a convivencia, normas, condutas e medidas de corrección...

Pódese consultar no seguinte adxunto.

 

Distribuir contido