Gallego

Actividades de Galiciencia

Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, encóntrase planificando as actividades que terán lugar durante a Galiciencia os días 18, 19, e 20 de novembro de 2015, no Parque Tecnolóxico de Galicia. (San Cibrao das Viñas) Ourense.

  • Pódese participar na exposición de proxectos: os docentes que están axudando ao seu alumnado a desenvolver un proxecto científico, poden presentalo na Galiciencia. Inscricións aquí. O prazo para a presentación de proxectos remata o 25 de outubro.
  • Se aínda non se está preparado para presentar un proxecto, tamén pódese ir de visita cun grupo de alumnos/as. Prazas limitadas.Inscricións aquí. O prazo para solicitude de visita será do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Ademais, a programación da Galiciencia incluirá tamén:

  • Un concurso de fotografía para alumnado e profesorado da ESO, Bacharelato e FP.
  • Concurso de deseño da imaxe da camiseta oficial da feira, que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. O prazo para enviar propostas é ata o 15 de outubro. 
  • Tamén haberá, entre outros, varios obradoiros relacionados coa celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na Luz.

Máis información na ligazón proporcionada.

Gallego
Logo de Galiciencia 10º Aniversario

A Casa-Museo Ramón Otero Pedrayo inicia as actividades deste novo curso

A Casa-Museo Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro, Ourense), que xestiona a Fundación Otero Pedrayo, ofrece un curso máis as súas instalacións para a realización de actividades didácticas para dar a coñecer a vida e a obra do autor.

O vindeiro sábado 17 de outubro realizarase unha andaina co título "Trasalba, terra literaria. Unha viaxe a través da obra de Ramón Otero Pedrayo", guiada pola profesora e investigadora Patricia Arias Chachero. Para obter unha información máis completa pódese consultar coa Fundación Otero Pedrayo.

Gallego
Cartel da andaina

Curso MOOC "eTwinning en aberto": 2ª edición

Acábase de abrir o prazo de inscrición para a 2ª edición del MOOC “eTwinning en abierto”.
Nesta segunda edición, incorpóranse suxestións e propostas do profesorado participante na primeira edición.
Para inscribirse é necesario matricularse na plataforma MOOC EducaLAB del INTEF, na que é necesario estar rexistrado previamente.
O prazo de inscrición comenza o 15 de setembro e permanecerá aberto mentres o curso esté activo.
Tamén pódese seguir a actividade nos espazos abertos do MOOC, incluíndo o grupo de Facebook [ https://www.facebook.com/groups/eTwinningenabierto/ ] e seguindo o noso hashtag en Twitter [ #twinmooc ].
As actividades comezarán o 29 de setembro e organízanse en cinco unidades de duración semanal.

 

Para máis información:
 
Gallego
Cartel do curso "eTwinning en aberto"

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Día Europeo das Linguas 2015

O vindeiro 26 de setembro celebrarase o Día Europeo das Linguas. Esta iniciativa do Consello de Europa realízase desde 2001 coa participación de numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares.

A web desta campaña ofrece a posibilidade de que os centros de ensino participen nas actividades propostas. Entre elas, ofrécese a posibilidade de votar a iniciativa máis innovadora, creativa e transferible que contribúa a promoción das linguas. O prazo para realizar as votacións vai do 22 de setembro ao 21 de outubro de 2015. O resultado anunciarase en decembro.

Pódese tamén consultar a nova no portal da lingua galega.

Gallego
Logo do Día Europeo das Linguas

Resolución definitiva da convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/2016 destinadas a funcionarios docentes non universitarios

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de setembro de 2015 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2015/16 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Colectivo: 

Sección: 

Cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Gallego

Xúntanse a cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014/2015

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Cambio na política de contrasinais nas contas de correo de Educación

Gallego

Co gallo de adaptar os sistemas de información da CCeOU á política de contrasinais para o acceso a sistemas de información da Xunta de Galicia, entre o 15 de setembro e o 31 de outubro os contrasinais da totalidade das contas de correo e de usuario de educación terán que cumprir as seguintes características:

Lonxitude mínima: 8 caracteres

Complexidade: O contrasinal debe estar composto por letras (maiúsculas e minúsculas) e números ou caracteres especiais ($,%,&, etc.). O contrasinal non pode conter o identificador do usuario, DNI, nome ou apelidos do usuario. O novo contrasinal debe diferenciarse polo menos en tres caracteres do último contrasinal empregado. Tampouco poderá coincidir con ningún dos últimos 5 empregados.

Caducidade: 120 días

Bloqueo temporal da conta: Tras 5 intentos incorrectos

Desbloqueo da conta: Automático, tras 15 minutos.

Entre o 15 de setembro e o 31 de outubro o contrasinal de cada conta de correo que actualmente non cumpra dita política (todas as que non teñen caducidade do contrasinal) será marcado como caducado, e haberá que indicar un novo contrasinal. Lembre que pode cambiar o contrasinal na aplicación Contausuario  ( https://www.edu.xunta.gal/contausuario/ ), menú Conta, apartado Cambiar contrasinal. No caso de que o seu contrasinal estea caducado poderá acceder a Contausuario empregando o antigo contrasinal e indicar un novo contrasinal en dita aplicación.

Uns días antes da data de caducidade do seu contrasinal recibirá unha mensaxe automática indicando dita data límite. A nosa recomendación é que non espere a que lle caduque o contrasinal, é mellor que o actualice antes para evitar molestias.

Importante: Por favor, revise na aplicación Datospersoais  ( https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ ) a vixencia dos seus datos de contacto. No caso de que nalgún momento esqueza o seu contrasinal, vostede poderá rexeneralo sempre que na súa información de contacto exista unha dirección de correo electrónico externa (que non sexa @edu.xunta.es) ou ben un teléfono móbil. No caso de que non consten eses datos de contacto, será necesario que contacte co seu departamento de persoal para que se lle incorpore dita información na súa ficha, ou ben deberá achegarse ás instalacións da xerencia de proxectos de educación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no soto do edificio de Educación no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

 

Normativa aplicable

  • Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD).
  • Real Decreto 1720/2007, do 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de protección de datos de carácter persoal (RLOPD).
  • Real Decreto 3/2010, do 8 de Xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (ENS).
  • Estándar Internacional ISO/IEC 27002. Tecnoloxía da Información. Técnicas de seguridade.
  • Decreto 230/2008, do 18 de Setembro, polo que se establecen as normas de Boas Practicas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autonómica de Galicia.
  • Decreto 198/2010, do 2 de Decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • Política de seguridade da información da Administración xeral e do sector publico autonómico de Galicia, aprobada o dia vinte e cinco de xuño de dous mil quince polo Consello da Xunta de Galicia

Dende a Xerencia de Proxectos de Educación agradecemos de antemán a súa comprensión polas posibles molestias que este cambio poden suporlle.

Colectivo: 

O prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta remata o 15 de outubro

Este curso 2015-16 o Plan Proxecta arrancará cunha nova marca de programas. Aos 28 do curso pasado súmanse 10 novos programas que diversifican en maior medida a oferta temática que poden abordar os centros ao abeiro de Proxecta e que facilitan a consideración de actividades de innovación educativa para iniciativas que xa estaban a desenvolver con éxito nos centros de ensino. Os programas novos que se ofrecen neste curso son os seguintes: DAFIS, Aprendo programando, Protexe os animais, Naturézate, Cociñando con saúde, Xermoliño, Xermolón, Fitofaladoiro, Proxecto didáctico Antonio Fraguas, Mirando polo Camiño, Ti es creador e Mobilidade sostible e segura. Pódese consultar a convocatoria e mais a corrección de erros (que contén a listaxe definitiva dos programas que se ofrecen neste curso) na nova publicada na seguinte ligazón.

A descrición dos programas pódese consultar nesta ligazón. Con todo, se algún centro precisa obter máis información pódese poñer en contacto coas asesoras do Plan Proxecta ou coas persoas responsables de cada programa.

A convocatoria deste curso deixa aberto o prazo da convocatoria ata o xoves 15 de outubro co fin de favorecer que os centros completen os seus claustros e poidan formular os seus proxectos con máis seguridade. A solicitude de cada centro debe formalizarse a través da aplicación do Plan Proxecta, situada na páxina de inicio da web do Plan.

 

Gallego
Logo do Plan Proxecta

Colectivo: 

Sección: 

XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no Ensino Primario e Secundario e así axudar á planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos, encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Polo tanto, o tema específico a tratar é Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos.

Convocan:

  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de Investigación LITER21. MINECO-FEDER.
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Datas de celebración: 25-26 de setembro e 2-3 de outubro de 2015.

Lugar: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela)

Destinatarios: profesorado de primaria, ESO e bacharelato. Calquera interesado no tema.

Matrícula: ata o 20 de setembro de 2015.

Prezo: 25 €

Solicitada homologación de 16 horas de formación para o profesorado participante.

Nos arquivos anexos pódese descargar: o programa desta actividade e a folla de inscrición.

Gallego
Cartel do XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Semana Europea da Mobilidade 2015

Do 16 ao 22 de setembro terá lugar a celebración da Semana Europea da Mobilidade. Esta iniciativa xurdida en 2002 procura promover políticas e accións encamiñadas á redución do uso dos vehículos de motor nas cidades.

Entre as 1404 cidades e vilas europeas que están adheridas a esta iniciativa figuran Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo. Fóra destas iniciativas concretas, outros moitos concellos e centros de ensino de Galicia están a preparar actividades para a celebración deste evento: A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa.

Pódese consultar na páxina do CENEAM algúns contidos de interese sobre o desenvolvemento desta iniciativa a nivel estatal.

Gallego
Logo da Semana Europea da Mobilidade

Sección: