Título node Learning object

Actividades de Galiciencia
Ven, 18/09/2015 - 14:20
Logo de Galiciencia 10º Aniversario

Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, encóntrase planificando as actividades que terán lugar durante a Galiciencia os días 18, 19, e 20 de novembro de 2015, no Parque Tecnolóxico de Galicia. (San Cibrao das Viñas) Ourense.

  • Pódese participar na exposición de proxectos: os docentes que están axudando ao seu alumnado a desenvolver un proxecto científico, poden presentalo na Galiciencia. Inscricións aquí. O prazo para a presentación de proxectos remata o 25 de outubro.
  • Se aínda non se está preparado para presentar un proxecto, tamén pódese ir de visita cun grupo de alumnos/as. Prazas limitadas.Inscricións aquí. O prazo para solicitude de visita será do 15 de setembro ao 15 de outubro.

Ademais, a programación da Galiciencia incluirá tamén:

  • Un concurso de fotografía para alumnado e profesorado da ESO, Bacharelato e FP.
  • Concurso de deseño da imaxe da camiseta oficial da feira, que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. O prazo para enviar propostas é ata o 15 de outubro. 
  • Tamén haberá, entre outros, varios obradoiros relacionados coa celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na Luz.

Máis información na ligazón proporcionada.

Menús Learning object node R