Actividades de Galiciencia [1]
Enviado por boletin a Ven, 18/09/2015 - 14:20Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación, encóntrase planificando as actividades que terán lugar durante a Galiciencia os días 18, 19, e 20 de novembro de 2015, no Parque Tecnolóxico de Galicia. (San Cibrao das Viñas) Ourense.
- Pódese participar na exposición de proxectos: os docentes que están axudando ao seu alumnado a desenvolver un proxecto científico, poden presentalo na Galiciencia. Inscricións aquí. [2] O prazo para a presentación de proxectos remata o 25 de outubro.
- Se aínda non se está preparado para presentar un proxecto, tamén pódese ir de visita cun grupo de alumnos/as. Prazas limitadas.Inscricións aquí. [3] O prazo para solicitude de visita será do 15 de setembro ao 15 de outubro.
Ademais, a programación da Galiciencia incluirá tamén:
- Un concurso de fotografía [4] para alumnado e profesorado da ESO, Bacharelato e FP.
- Concurso [5] de deseño da imaxe da camiseta oficial da feira [5], que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. O prazo para enviar propostas é ata o 15 de outubro.
- Tamén haberá, entre outros, varios obradoiros relacionados coa celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na Luz.
Máis información na ligazón proporcionada.
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: