Título node Learning object

XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís
Ven, 11/09/2015 - 13:25
Cartel do XII Curso de Formación: As Literaturas Infantís e Xuvenís

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre o tratamento dos conflitos bélicos na Literatura Infantil e Xuvenil, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no Ensino Primario e Secundario e así axudar á planificación da educación literaria. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo de licenciaturas, diplomaturas e graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos, encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Polo tanto, o tema específico a tratar é Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos.

Convocan:

  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de Investigación LITER21. MINECO-FEDER.
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Datas de celebración: 25-26 de setembro e 2-3 de outubro de 2015.

Lugar: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela)

Destinatarios: profesorado de primaria, ESO e bacharelato. Calquera interesado no tema.

Matrícula: ata o 20 de setembro de 2015.

Prezo: 25 €

Solicitada homologación de 16 horas de formación para o profesorado participante.

Nos arquivos anexos pódese descargar: o programa desta actividade e a folla de inscrición.