Orientación
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!
Temos a comunicación oficial dun novo premio, esta vez no programa “apuntámonos a non beber” dentro do Plan Proxecta. Gañamos xunto co centro “irmán”, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, doble alegría. Parabéns a 1º ESO B e a súa titora polo bo traballo!!!
Aquí vos deixamos o traballo gañador, un excelente exemplo de contrapublicidade.
IMAXE ORIXINAL
IMAXE MODIFICADA
Contrapublicidade: Bacardí Mojito
Para esta campaña escollimos unha foto dun anuncio de ron da marca Bacardí, a bebida en cuestión chámase Bacardí Mojito.
En primeiro lugar quixemos facer un xogo de palabras co nome da propia bebida e por iso cambiamos o nome de "mojito" por "ojito" decorando a palabra con dous ollos de lince ben abertos. Estes representan o vulnerables que podemos chegar a ser se non "andamos con ollo" e nos deixamos levar polo alcol.
Por outra parte, chamounos a atención a beleza da protagonista do anuncio, unha muller xove e atractiva, cuns labios carnosos e unha lingua sensual. Substituimos a lingua sensual por unha serpe velenosa que simboliza os perigos do alcol. A serpe que escollimos é unha serpe bonita, pequena, non da medo, nin noxo, pero o veleno que leva dentro é tan destructivo coma a bebida alcólica que nos queren vender no cartaz.
Por último, no anuncio orixinal poden verse os diferentes pasos para realizar un mojito. Nós cambiamos estes pasos por mensaxes estremecedoras sobre os efectos do alcol no organismo.
Estade moi atentos porque o vindeiro 16 de maio terá lugar a estrea mundial (en exclusiva en XEMA.TV) de dúas series ideadas e realizadas polo alumnado do IES Xulián Magariños.
Paciencia... ata ese día podedes visionar os trailers de presentación.
N.E.S.A : Rompendo os escáneres
(Nun mundo rexido por adultos, rumores e Donald Trump, catro rapazas ensinaránnos a ... romper os escáneres)
O que non se ve
(Cinco alumnas chegan novas ao Internado Xulián Magariños. O que non saben é o que se agocha dentro...)
Que non sabedes onde visionar os trailers? Tedes a ligazón a XEMA.TV no menú principal da cabeceira desta web, xusto debaixo do nome do instituto.
O vindeiro día 9 ás 7 da tarde terá lugar unha charla dentro do Proxecto "Apuntámonos a non Beber" do Plan Proxecta no que está participando o alumnado de 1º de ESO. Será impartida pola psicóloga Miriam Otero e está destinada tanto a profesorado interesado como a familias.
O xoves 8 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato visitará diversas facultades do campus da USC. Haberá clase normal a 1ª hora.
Sabemos que fan os nosos fillos e fillas co teléfono mobil con conexión a internet?
Este venres no salón de actos as 19:00 horas a xefa de estudos e a orientadora do centro falarán dos usos e abusos dos móbiles por parte dos adolescentes, onde en certos casos pode haber implicacións legais. Recomendamos especialmente a asistencia de pais, nais e titores legais do alumnado. Haberá unha posta en común e unha parte práctica polo que se recomenda traer un teléfono móbil intelixente (smartphone).
O director do Gabinete de comunicación da USC , Luis Celeiro, impartiu unha conferencia no noso centro, onde insistiu na necesidade que a sociedade ten de cidadáns formados, intelectualmente preparados e con capacidade de análise, e mostouse partidario da implantación dunha materia que axude ao alumnado a afondar na análise e valoración da información.
Durante esta semana terán lugar no centro diversas actividades para concienciar á comunidade educativa e en especial aos xóvenes contra a violencia machista. Entre esas actividades estarán a proxección de diversas curtametraxes, conferencias, un recital poético ou a gravación de videoclips.