Premio do programa "Apuntámonos a non beber" do Plan Proxecta
Temos a comunicación oficial dun novo premio, esta vez no programa “apuntámonos a non beber” dentro do Plan Proxecta. Gañamos xunto co centro “irmán”, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, doble alegría. Parabéns a 1º ESO B e a súa titora polo bo traballo!!!
Aquí vos deixamos o traballo gañador, un excelente exemplo de contrapublicidade.
IMAXE ORIXINAL
IMAXE MODIFICADA
Contrapublicidade: Bacardí Mojito
Para esta campaña escollimos unha foto dun anuncio de ron da marca Bacardí, a bebida en cuestión chámase Bacardí Mojito.
En primeiro lugar quixemos facer un xogo de palabras co nome da propia bebida e por iso cambiamos o nome de "mojito" por "ojito" decorando a palabra con dous ollos de lince ben abertos. Estes representan o vulnerables que podemos chegar a ser se non "andamos con ollo" e nos deixamos levar polo alcol.
Por outra parte, chamounos a atención a beleza da protagonista do anuncio, unha muller xove e atractiva, cuns labios carnosos e unha lingua sensual. Substituimos a lingua sensual por unha serpe velenosa que simboliza os perigos do alcol. A serpe que escollimos é unha serpe bonita, pequena, non da medo, nin noxo, pero o veleno que leva dentro é tan destructivo coma a bebida alcólica que nos queren vender no cartaz.
Por último, no anuncio orixinal poden verse os diferentes pasos para realizar un mojito. Nós cambiamos estes pasos por mensaxes estremecedoras sobre os efectos do alcol no organismo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
foto orixinal.jpg | 34.88 KB |
foto modificada.jpg | 35.44 KB |