Orientación
Fotos do acto de entrega dos carnets de titores ao alumnado de 3º de ESO A, B e C. Tras o acto presentáronse a os seus titorandos de 1º ESO A, B e C e tiveron unha actividade de posta en común.
Dentro dos múltiples proxectos e programas desenvolvidos no Centro,
pónse en marcha por terceiro curso consecutivo, o programa "Titorías entre Iguais", onde alumnado de 3º ESO titoriza e serve de apoio a alumnado de 1º ESO. Este alumnado titor ten o apoio do Departamento de Orientación e realizará ao longo do curso actividades conxuntas coas súas titorizados.
Unha ferramenta que se suma ao Servizo de Mediación e ás Asambleas de Aula, todas cun objectivo común: tentar lograr un centro cunha convivencia positiva.
Onte no Salón de Plenos do Concello de Negreira foron entregados os diplomas a unha nova promoción do alumnado mediador, no acto de entrega estiveron presentes o Alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, o director, Adelino José Pose Reino, a orientadora, Begoña Cortés Ferro, a coordinadora do servizo de mediación, Kety Lois Salgado,e 18 alumnos e alumnas de 2º ESO que o ano pasado recibiron o curso de formación. A partir de agora incorporanse a este servizo, damoslle a benvida e desexamoslle os maiores éxitos no traballo complicado que teñen que realizar.
Para ver fotos da entrega clicar na imaxe:
O Salón de Plenos da Casa do Concello acolleu hoxe a entrega de diplomas a unha nova promoción de alumnado do Servizo de Mediación do Instituto Xulián Magariños, nun acto presidido polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño e no que tamén participou o director do IES, Adelino Pose Reino, así como as profesoras Begoña Cortés e Kety Lois, do Departamento de Orientación.
Para ver a noticia completa clica na seguinte imaxe:
Hoxe pola mañá tivemos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP "Ou Coto", que o próximo curso matricularanse en 1º de ESO, viñan acompañados das súas mestras e do orientador do centro; foron recibidos no Salón de Actos, pola orientadora e o director, recibiron explicacións de alumnado de 2º ESO e dun alumno do servizo de mediación entre iguais.
Posteriormente percorreron as instalacións do Centro, parándose no taller de Tecnoloxía onde alumnado de 4º ESO C presentáronlles algunhas das actividades que vén realizando desde principio de curso, coordino o profesor de Tecnoloxía. BENVIDOS.
Para ver algunhas fotos da visita, clica na imaxe seguinte: