Na resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 18/19 a nosa figura entre as seleccionadas, e recibirá unha dotación adicional de 1400€ destinados a apoiar o proceso de transformación da biblioteca en centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e favorecer actividades de fomento da lectura.
Parabéns a todo o equipo de biblioteca!
Achégase a relación definitiva do alumnado admitido no fondo solidario de libros cos libros que serán obxecto de reparto. Os libros serán repartidos a partir da semana que ven.
NOTA: Algún dos libros reseñados e adxudicados aínda non figura nas existencias do centro pero procederemos á súa adquisición nos proximos días.
EXAMES DE SETEMBRO
IMPORTANTE: O alumnado que levou libros de texto procedentes do fondo solidario ou adquiridos coas axudas da Xunta para preparar os exames de setembro e o resto de alumnado beneficiario do fondo de libros do curso 2017-18 que falte por devolver libros ten que traelos e deixalos en Conserxería.
Tal e como recolle a orde de convocatoria (artigo 5) "As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18"
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.
MATRÍCULA DE SETEMBRO (NOVAS DATAS)
Os días para formalizar a matrícula en setembro serán :
2º Bacharelato e probas ABAU : Xoves 6 de setembro
1º Bacharelato, 3º e 4º de ESO : Venres 7 de setembro
1º e 2º de ESO : Luns 10 de setembro
O novo ciclo medio que se oferta no IES Xulian Magariños tivo unha excelente acollida por parte do alumnado. Das 20 prazas ofertadas, xa na primeira tanda de matrícula se cubriron 17. Quedan únicamente 3 prazas liberadas .
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde as 9:00 horas do día 18 de xullo ata as 13:00 horas do día 24 de xullo de 2018. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Aquí tedes a listaxe dos libros de texto para o curso 2018-2019
Ante a inminente implantación o vindeiro mes de setembro do ciclo medio de Sistemas Informáticos e Redes, a dirección do IES Xulián Magariños ven de solicitar á Xefatura Territorial o acondicionamento do que será o preceptivo taller de instalación e reparación de equipos informáticos. O centro conta na actualidade cun local exterior, amplo e luminoso, pero que presenta numerosas deficiencias tanto no aillamento como na rede eléctrica e informática que dificultan a súa utilización. Trátase, por tanto, de iniciar canto antes os traballos que permitan facer deste espazo un lugar idóneo e que garanta o acceso do alumnado en condicións axeitadas de seguridade e salubridade.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 6 de xullo de 2018.
Para poder optar ao premio hai que ter rematado 4º ESO este ano cunha media global nos 4 cursos de ESO igual ou superior a 9.
As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.
A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018.