O IES XULIÁN MAGARIÑOS SE PREPARA PARA RECIBIR O CICLO MEDIO DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES
Ante a inminente implantación o vindeiro mes de setembro do ciclo medio de Sistemas Informáticos e Redes, a dirección do IES Xulián Magariños ven de solicitar á Xefatura Territorial o acondicionamento do que será o preceptivo taller de instalación e reparación de equipos informáticos. O centro conta na actualidade cun local exterior, amplo e luminoso, pero que presenta numerosas deficiencias tanto no aillamento como na rede eléctrica e informática que dificultan a súa utilización. Trátase, por tanto, de iniciar canto antes os traballos que permitan facer deste espazo un lugar idóneo e que garanta o acceso do alumnado en condicións axeitadas de seguridade e salubridade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
servicio-y-reparación-26052974.jpg | 24.99 KB |