Skip to Content

Proceso de admisión de alumnado

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

AVISO URXENTE: SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS E EXTRAESCOLARES DENDE O LUNS 16 DE MARZO!

 Seguindo as indicacións do Presidente da Xunta de Galicia na comparecencia (10' 12") efectuada este mediodía do xoves 12 de marzo:

 "...suspendemos a actvidade lectiva e extraescolar en todos os niveis educativos a partires do luns de forma oficial e partir de mañá de forma recomendada, se os pais e nais teñen dificultades para organizarse van a estar abertos mañá, pero a partir do luns os centros dende o punto de vista de aceptación de alumnado estarán pechados....".

 

O centro permacerá pechado ao alumnado dende o luns 16 de marzo ata novo aviso

INICIO DO CURSO

Luns 16 ás 12:50 hs. - Presentación de todos os cursos nas aulas respectivas cos seus titores/as. Os pais e nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao Centro que o desexen serán recibidos polo Director no Salón de Actos á mesma hora.

As listaxes de asignación aos distintos grupos exporanse nas portas de entrada 1 hora antes da presentación.

As listaxes provisionais de admitidos ao comedor publicaranse o día 13 de setembro, abríndose de seguido un prazo de 5 días para a presentación de alegacións. Os/as alumnos/as admitidos poden usar o comedor desde o primeiro día. 

Haberá servizo de transporte coa antelación necesaria para a presentación e no horario de saída habitual.

 

Martes 17:

 Comezo das actividades lectivas e horario:
    
ESO e BAC

De Luns a Xoves: 8:40 a 14:30 hs. Venres: 8:40 a 14:15 hs

 CICLO

     Luns e Martes: 8:30 a 15:10 hs.  Mércores, Xoves e Venres: 8:30 a 14:45 hs.

 

Libros de texto e vales de material:

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles na conserxería do edificio principal.

Os libros de texto de 1º e 2º da ESO poderán recollerse na conserxería do centro a partir do martes día 17.

Os libros de texto de 3º e 4º da ESO repartiranse ao longo da semana directamente ao alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.

     Listaxe definitiva de admitidos e reparto

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material. Curso 2019/2020

Aberto o prazo para a solicitude do préstamo de libros de texto e axudas para a compra de material escolar para o curso 2019/2020

Descarga da convocatoria

Descarga do modelo de solicitude

Información ás familias

Listaxe provisional de admitidos

Listaxe definitiva de admitidos e reparto

IMPORTANTE: O alumnado de 1º e 2º da ESO non sae na lista provisional de admitidos por ser cursos EDIXGAl. Facilitaránselle os libros, directamente polo centro, na primeira semana de curso.

·        Data tope para a devolución dos libros adquiridos co vale ou prestados polo fondo do centro: 21 de xuño, agás os libros de materias pendentes que se devolverán antes do 6 de setembro.

·        Entrega dos VALES das axuda para adquisición de material escolar:

o   Alumnado que aprobou todo en xuño: a partir do 11 de xullo.

o   Resto do alumnado: a partir do 12 de setembro.

·        Publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas no Fondo Libros: 11 de xullo.

·        Reclamación sobre as listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación das listaxes.

·        Publicación das listaxes definitivas de Fondo Libros: 13 de setembro.

·        Entrega dos libros ao alumnado: a partir do 18 de setembro.

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

Información xeral de admisión

Oferta de FP

Prazos do proceso de admisión

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria oferta o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, ciclo cunha extraordinaria inserción laboral.

 

 

Graduación 2º de bacharelato 2019

Para os queirades desfrutar unha vez máis do fermoso acto de graduación do pasado venres,24 de maio, deixámosvos os seguintes enlaces:

 Album de fotos

 Vídeo do acto

 Parabéns aos homenaxeados e os nosos mellores desexos para o seu futuro!

 

 

AQUÍ E AGORA 18

 

Un ano máis o equipo de AeA consegue sacar do prelo a revista do Xograr, a número 18, a pesares das cambadelas que nos puxo o axitado final de curso. Atrancos que so aqueles, os que se reforzan ante as adversidades, os verdadeiramente fortes son capaces de superar. E así non rematou o curso sen que toda a comunidade escolar do Xograr puidese mergullarse na lectura desta nova edición da revista, porque aínda que os camiños están trazados, ás veces hai que improvisar atallos que nos conduzan a nosa meta. E aquí e agora chegamos. Parabéns a todos os colaboradores e redactores, e sobretodo aos infatigables directores Laura e Manu, que multiplicaron todas as expectativas neles depositadas e deixan pegadas imborrables nas páxinas de AeA. Bempagados sexades coa estrela da fortuna no voso novo camiño!

AeA 18
A impresión da revista foi subvencionada polo Concello de Sarria

 

 

 

Graduación de 2º de bacharelato 2018

Para os queirades desfrutar unha vez máis do

fermoso acto de graduación do pasado venres,

25 de maio, deixámosvos os seguintes enlaces:

Album de fotos

Vídeo homenaxe aos graduados

Vídeo do acto

Parabéns aos homenaxeados e os nosos mellores desexos para o seu futuro!

 

 

Avaliación final de educación secundaria obrigatoria

Terá carácter mostral. Aplicarase ó alumnado matriculado no curso escolar 2017/2018 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros seleccionados para formar a mostra.
Terá finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo. A proba reportará uns datos xerais para o autoanálise do centro e un informe individualizado a cada familia.
Valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque das materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.

Martes 29 de maio

Hora-duración       Competencia
 8.50-9.50                Proba C. Lingüística (Lingua castelá e literatura)
 9:50-10:05              Descanso
10:05-11:05             Proba C. Matemática
11:05-11:35             Descanso
11:45-12:45             Proba C. Social e Cívica

Mércores 30 de maio

Hora-duración        Competencia
8:50-9:50                 Proba Lingua Galega
9:50-10:05               Descanso
10:05-11:05             Proba 1º Lingua estranxeira

ACTUALIZACIÓN DA NORMATIVA SOBRE O USO DO MÓBIL

Estimados país/nais:

 O progresivo aumento no uso de dispositivos electrónicos entre os membros da comunicade educativa está a ocasionar distorsións significativas na actividade educativa dos centros escolares.  O Decreto 8/2015 que desenvolve a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, establece no seu artigo 19.4 que as Normas de Organización e Funcionamento dos centros (NOF) deben recoller: “Así mesmo, prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxi­ca."
 
Ademais das cuestións legais, o centro considera que as normas de utilización dos móbiles deben ser clarificadas e coñecidas pola comunidade educativa, polo que, o Claustro de Profesores e o Consello Escolar aprobaron actualizar as NOF do Centro nos seguintes termos:

Coas medidas  anteriores, que agardamos  compartades, tentamos adaptarnos aos tempos e evitar usos non axeitados destes dispositivos que poderían afectar á normal convivencia ou carrexar sancións non desexadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut